Home Pontevedra A Paradanta A Xunta destaca a revitalización da Escola Infantil Pública de Crecente conseguida...

A Xunta destaca a revitalización da Escola Infantil Pública de Crecente conseguida en colaboración co concello

- Anuncio -

— A escola, pertencente á rede pública autonómica, reabriu as súas portas no curso 2016-2017 con 9 nenos e na actualidade conta con 15


— A administración autonómica e a local acometeron nos últimos anos diferentes obras de reforma que supuxeron unha importe mellora nas instalacións

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, destacou hoxe a importancia da colaboración entre administracións para revitalizar e poñer a disposición das familias as mellores instalacións para o coidado e atención dos seus pequenos. Díxoo nunha visita á escola infantil de Crecente, pertencente á rede pública autonómica, que desde que se reabriu no curso 2016-2017 tras estar pechada o ano anterior por falta de nenos incrementou notablemente o seu alumnado, pasando dos nove de entón aos 15 actuais.

Perfecto Rodríguez, que estivo acompañado do alcalde do concello, Julio César García-Luengo, sinalou que neste crecemento de nenos matriculados influíu as obras de mellora realizadas no centro nos últimos anos por parte do ente autonómico e o local. Uns traballos que no seu conxunto superan os 24.000 euros e que supuxeron a renovación de todo o sistema eléctrico e de iluminación do inmoble, a reparación da fachada, a substitución de elementos internos como o chan e as portas, a mellora da seguridade ou o acondicionamento da zona de xogo con herba artificial.

Así mesmo, o xerente do Consorcio destacou que os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2024 consolidan a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, unha medida na que Galicia é pioneira no conxunto de España e que cualificou de fundamental para facilitar a conciliación das familias.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas