Home Ourense O Ribeiro A Xunta destaca en Ribadavia a importancia de acompañar ás pemes no...

A Xunta destaca en Ribadavia a importancia de acompañar ás pemes no rural cara a innovación para aumentar a súa competitividade

- Anuncio -

— O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá no concello ourensá na parada que realizou a iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer 18 concellos de Galicia


— Salientou o impulso do Goberno autonómico na provincia de Ourense a diferentes iniciativas que favorezan a cultura innovadora nas pemes como espazos de coworking na comarca de Valdeorras, O Carballiño e San Cibrao das Viñas, así como unha aceleradora en Tecnópole para fomentar a internacionalización


— Na cita de hoxe contouse coa experiencia de tres casos de éxito como Lenda Pet Food, a bodega Viña Costeira e Veigas de Sabugueiro


— O programa chegará mañá, mércores 24, a San Cibrao das Viñas, mentres que o xoves 25 estará en Xinzo de Limia e o vindeiro luns 29 está previsto que se desenvolva na Veiga

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe durante a parada de Camiño da innovación en Ribadavia a importancia que está a ter esta iniciativa para que as pemes e microempresas do rural teñan a oportunidade de achegarse á innovación a través dun asesoramento personalizado. “Acompañarlles nese camiño de cara a innovación significa acompañarlles nun camiño de cara á competitividade”, asegurou.

Coa desta mañá na localidade ourensá, o programa xa ten superado o seu ecuador, logo de visitar 11 dos 18 concellos galegos que ten previsto percorrer entre os meses de novembro e decembro da man da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) co obxectivo de atender máis de 200 consultas en toda a xira.
Conde insistiu no feito de que a competitividade dunha empresa, independentemente do seu sector ou tamaño, medra de forma proporcional ao que inviste en innovación, de aí o compromiso do Goberno galego de xerar unha cultura innovadora no tecido empresarial.

“Nesta dinámica de traballo, estamos impulsando precisamente na provincia de Ourense diferentes iniciativas como espazos de coworking que desenvolveremos na comarca de Valdeorras, O Carballiño e en San Cibrao das Viñas (Tecnópole), así como a aceleradora para favorecer tamén a internacionalización que organizaremos no Parque Tecnolóxico de Galicia; iniciativas todas elas que van moi orientadas ás empresas máis pequenas para que teñan esa oportunidade de emprendemento e tamén de innovación”, destacou.
Innovar a través do deseño
Así, tendo como premisa que innovar é apostar tamén polo deseño, a Xunta de Galicia vén de resolver o programa de axudas DeseñaPeme, no cal o 25% das empresas beneficiadas pertencen á provincia de Ourense –suman preto de 360.000 euros en apoios e mobilizarán máis do dobre, cerca de 763.000 euros–.

Neste sentido, Conde destacou unha vez máis a importancia da colaboración
público-privada entre a Xunta de Galicia e o tecido empresarial ao permitir impulsar, como neste caso, seis proxectos que apostan pola innovación en produtos e servizos a través do deseño.
Exemplos próximos
Ademais do asesoramento personalizado, Camiño da innovación conta tamén coa experiencia de máis de 50 casos de éxito de pemes que están a competir en mercados internacionais. Na cita de hoxe en Ribadavia contouse coa presenza de Lenda Pet Food
–dedicada á venda de comida para cans e gatos–, a recoñecida bodega Viña Costeira e Veigas de Sabugueiro –especializada na produción de marmeladas ou licores a base do froito e as flores deste arbusto–. Tres exemplos, tal e como salientou o vicepresidente segundo, que lembran as oportunidades que hai no rural para emprender.

O programa chegará mañá, mércores 24, a San Cibrao das Viñas, mentres que o xoves 25 estará en Xinzo de Limia e o vindeiro luns 29 está previsto que se desenvolva na Veiga, pechando así o seu percorrido pola provincia de Ourense.

Relacionadas

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Xunta destaca o seu compromiso para garantir a protección das vítimas de violencia...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, detallou hoxe no Parlamento de Galicia que en máis da metade dos partidos xudiciais...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Publicacións Relacionadas