Home Xunta de Galicia A Xunta destaca no 5º encontro para empresarios de Galicia e Norte...

A Xunta destaca no 5º encontro para empresarios de Galicia e Norte de Portugal a colaboración transfronteiriza pola xeración de riqueza e emprego

- Anuncio -

— José González aludiu a acordos concretos como o que garante a actividade de coordinación do servizo de emprego Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, co gallo de facilitar a mobilidade dos traballadores entre os dous lados da raia

— Referiuse ás medidas da Xunta para garantir a remuda xeracional á fronte dos negocios ou para impulsar o emprendemento, co Plan Remuda da Rede de polos ou o novo Programa Ultreia Galicia que arrancou onte en Ourense como accións concretas

— Tamén á estratexia a prol de casar oferta e demanda laboral, captando o talento dos galegos retornados, dos inmigrantes ou dos nómades dixitais, e ao potencial de ferramentas como as microformacións orientadas ás necesidades das empresas

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, clausurou hoxe o 5º Encontro networking para empresarios de Galicia e norte de Portugal, centrado na reorganización da empresa familiar. Alí, puxo de relevo a colaboración transfronteiriza a prol da xeración de riqueza e emprego, ao tempo que agradeceu o labor da Cámara de Comercio de Tui, do Agrupamento Europeu de Interesse Económico Transfronteiriço (Mercatus) e da Confederação Empresarial do Alto Minho (Ceval) para seguir consolidando a cita que hoxe chega á súa quinta edición, clave -dixo- para xerar sinerxías e buscar solucións conxuntas.
No referido ao futuro das empresas familiares que centraba o encontro, o conselleiro sinalou que o Goberno galego traballa para garantir o mantemento das empresas non só rendibles, senón tamén características e definitorias de cada contorna, cun Plan Remuda e axudas asociadas por 1,5 millóns de euros no seo da Rede de polos de emprendemento para financiar parte dos gastos de transmisión das empresas que funcionan e contribúen a dinamizar a economía e a fixar poboación.
Para darlle un pulo ao emprendemento, referiuse tamén ao Programa Ultreia Galicia, unha serie de encontros que arrancaron onte en Ourense e que chegarán este mes ao resto de provincias grazas á colaboración coas confederacións de empresarios, co obxecto de incentivar ás persoas emprendedoras e axentes do ecosistema a acadar o propósito de impulsar o seu camiño, axudando ás startups a encontrar financiamento e definindo retos en sectores estratéxicos.
Ademais de crear actividade empresarial, destacou González, cómpre consolidar a xa existente, e nesa liña aludiu a distintos campos de acción da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Entre elas, de especial relevancia nunha xornada coma a de hoxe, a colaboración coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal para o desenvolvemento da actividade de coordinación do servizo de emprego Eures Transfronteirizo, co gallo de facilitar a mobilidade dos traballadores entre as zonas dos dous lados da raia e responder ás necesidades de información nesta materia, tanto a persoas traballadoras como a empresarias.
A maiores, o titular de Emprego referiuse a cuestións como as microformacións orientadas ás necesidades do mercado laboral, a nivel xeral pero tamén con iniciativas concretas como os convenios de arraigamento para a formación, no marco dos cales José González defendeu unha inmigración ordenada e regular da man das empresas. Tamén nomeou a modernización do Servizo de Emprego Público de Galicia mediante a intelixencia artificial, coa ferramenta EMi funcionando a pleno rendemento para casar oferta e demanda en tempo real.
Sobre a Estratexia Retorna, o representante autonómico salientou as medidas a prol do emprendemento ou o Programa Retorna Cualifica Emprego para favorecer que os galegos do exterior volvan á súa terra con empregos estables e de calidade ofrecidos xa en orixe, para o que se organizarán feiras de captación de talento na Arxentina ou no Uruguai.
Así mesmo, o conselleiro falou de diversos apoios á contratación, como os aínda dispoñibles para promover a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados, como os tecnolóxicos e industriais de alto valor engadido, por case 1,7 millóns de euros ampliables.
Por último, puxo en valor iniciativas novidosas como o proxecto piloto de coliving para atraer nómades dixitais e traballadores en remoto, con estadías temporais que xa se están a realizar para que estas persoas coñezan as vantaxes da Galicia non urbana e dean un xiro ás súas vidas e traxectorias profesionais asentándose no noso rural.

Relacionadas

López campos gaba o enorme talento e creatividade a través do galego do alumnado...

0
— Salienta que o audiovisual é unha “ferramenta imprescindible” da que a Xunta tirará proveito para aumentar o prestixio e o emprego da nosa...

A Xunta pon en valor o aval de expertos xuristas á tramitación ambiental dos...

0
― Ángeles Vázquez salienta a necesidade de desbloquear o desenvolvemento desta enerxía renovable para cumprir os obxectivos marcados pola UE para descarbonizar o sistema...

A Xunta colabora na edición dun libro que recolle as vivencias personais de doce...

0
- O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria estivo presente no acto de entrega dos exemplares a cada un dos protagonistas - Este proxecto...

Turismo promociona en Bilbao a proposta urbana con ‘De Tapas por Galicia’ para incrementar...

0
— O ano pasado, o mercado vasco situouse en 269.000 visitantes que fixeron 2,1 millóns de noites, o que supón crecementos dun 7% e...

A Xunta avalía na Mesa do Emprego Autónomo a nova orde unificada con 40...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presidiu esta tarde unha nova xuntanza da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, onde...

A Xunta destaca a proactividade e o compromiso de Galicia na prevención de riscos...

0
― José González subliñou o papel activo da comunidade galega na representación das autonomías durante a negociación da Estratexia Española de Seguridade e Saúde...

Publicacións Relacionadas