Home Valdeorras Carballeda de Valdeorras A Xunta destaca o efecto tractor de Cupa Group na transformación dixital...

A Xunta destaca o efecto tractor de Cupa Group na transformación dixital do sector da lousa e a pedra natural en Galicia

- Anuncio -

― O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións da compañía en Sobradelo de Valdeorras, onde destacou a importancia de levar a cabo a reactivación económica desde a colaboración público-privada e a transferencia de coñecemento ao mercado

― O Goberno galego achega, a través da Fábrica Intelixente, o 46,8% dos 7,7M€ que o grupo empresarial ourensán está a investir en novos proxectos de dixitalización

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou esta mañá a aposta de Cupa Group pola transformación dixital nun sector tan estratéxico en Galicia como é o da lousa e a pedra natural. Durante unha visita ás instalacións da compañía en Sobradelo de Valdeorras, fixo referencia a que este investimento contribúe non só ao aumento da súa produtividade e competitividade, senón que xera un efecto tractor sobre outras moitas empresas, especialmente pemes.
En total, Cupa Group vai destinar 7,7M€ a proxectos de dixitalización que xa ten en marcha e para os que a Xunta de Galicia achega o 46,8% (3,6M€) a través do programa Fábrica Intelixente. Un programa que este ano amplía o seu orzamento nun 40% ata acadar os 21M€ e no que participan 23 empresas e seis organismos de investigación, coa previsión de que se poidan chegar a mobilizar 57 millóns de euros e crear máis de 80 novos empregos.

Con máis dun século de historia, 2300 empregados, 24 canteiras en España e 24 naves de transformación, Cupa Group é líder mundial na fabricación e comercialización de lousa natural, destacando o feito de que unha de cada dúas lousas que se instalan no mundo sae deste grupo empresarial ourensán, xa que exporta a máis de 70 países. Ademais, cabe destacar o seu impacto en toda a cadea de valor grazas á súa aposta pola proximidade, xa que conta con 370 provedores dos que moitos deles son pemes locais.

Tal e como manifestou o vicepresidente económico, Cupa Group constitúe un exemplo de como entende a Xunta o avance de Galicia na súa transformación industrial e reactivación económica, a través da colaboración público-privada e da transferencia de coñecemento ao mercado.
Grazas ao apoio autonómico, este grupo está podendo facer máis avances colaborando con organismos como o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) ou o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM); avances que lle permiten aplicar a intelixencia artificial, a impresión 3D ou o big data aos procesos de produción, serrado, labrado ou embalaxe.

Uns avances cuxos obxectivos pasan pola dixitalización do sistema produtivo; a optimización dos procesos; e a redución de residuos para un mellor aproveitamento da materia prima e para crear novos produtos, fomentando así a economía circular e a sustentabilidade desde o rural grazas á creación de emprego e riqueza que contribúen a dar resposta ao reto demográfico.

Neste sentido, Conde destacou que a aposta de Cupa Group pola innovación –creando unha filial específica para este fin hai 15 anos– exemplifica o seu compromiso coa eficiencia e a diversificación de mercados.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

Publicacións Relacionadas