Home Lugo A Xunta destaca o importante traballo dos voluntarios de Protección Civil para...

A Xunta destaca o importante traballo dos voluntarios de Protección Civil para reforzar os Servizos de Emerxencias

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos voluntarios de Protección Civil de O Saviñao, aos que apoiou nos últimos anos nos seus gastos de funcionamento e na dotación de equipamento

― O Goberno galego destinou nos últimos anos case 20M€ en material para os servizos de emerxencias dos concellos, máis de 11M€ para as agrupacións de Protección Civil e máis de 8 millóns destinados aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES)

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe a sede da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) do Saviñao, na que a Xunta leva investidos máis de 56.600 euros no seu funcionamento e na dotación de material, entre o que se inclúe un desfibrilador, un remolque de emerxencias e un vehículo pick-up.

Santiago Villanueva destacou a importante colaboración que prestan as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil para reforzar os servizos de emerxencias, no que se refire ás tarefas de prevención e tamén como apoio nas intervencións, tendo en conta que en moitas ocasións son os primeiros en chegar ao lugar das incidencias.

A Xunta mantén o compromiso coas 234 agrupacións da comunidade tanto a través da orde anual para sufragar os seus gastos de funcionamento -que na convocatoria deste ano conta con 340.000 euros- como co reforzo do seu equipamento. Nesta liña, na convocatoria do ano pasado dotada con máis de 1 millóns de euros para equipar a estas agrupacións, a Xunta cedeu 19 vehículos todocamiño tipo pick-up, 6 remolques para a atención das emerxencias, 26 tendas de campaña, 8 coitelas para a retirada de neve e oito esparexedores de sal.

En total, entre ambas axudas o Goberno galego leva destinados 15 millóns de euros ás AVPC, dos que 11 millóns se corresponden a material de emerxencias e os máis de 4 millóns restantes a colaborar nos seus gastos de funcionamento.

Cómpre aclarar que o investimento total da Xunta no reforzo do equipamento dos servizos de emerxencias acada case os 20 millóns de euros, xa que aos máis de 11 millóns de euros para as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil súmanse outros 8 millóns de euros en material cedido aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).

Así, pese a tratarse dunha competencia de carácter local -dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos de menor poboación- a Xunta tamén asume cada ano a metade do custo de funcionamento dos GES, o que supón máis de 40 millóns investidos nos últimos anos. Ademais, este ano nos 12 grupos da provincia de Ourense levaranse a cabo as melloras plantexadas pola Xunta en canto á cobertura das emerxencias, que non poderán aplicarse no resto de provincias debido á decisión das Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra de rexeitar as medidas propostas polo Goberno galego.

A Xunta aposta ademais pola formación no ámbito das emerxencias, que se leva a cabo desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), co obxectivo de achegar aos voluntarios os contidos necesarios para actualizar o seu aprendizaxe en materias que teñan aplicación no seu traballo diario.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Semana Santa consolida a crecente mellora da rendibilidade hoteleira, que medrou un 15%...

0
Ademais, Galicia medrou por riba da media na súa demanda turística ese mes O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos...

A Xunta Reúnese Cos Axentes Sociais e Económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para...

0
— Foi a primeira reunión técnica deste grupo de traballo, que entregará o traballo aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cumio...

Publicacións Relacionadas