Home Xunta de Galicia A Xunta destaca o labor do Ceida para espertar a conciencia ambiental...

A Xunta destaca o labor do Ceida para espertar a conciencia ambiental da cidadanía con máis de 1.500 accións formativas en 2024 e 48.000 participantes

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez salienta o traballo que desenvolve a entidade coa organización dunha ampla oferta de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formación e comunicación, así como de educación ambiental e asesoramento

— A Consellería é copadroa da entidade e manterá a súa colaboración económica co organismo durante o ano 2025, cunha achega de case 128.000 euros

A Xunta de Galicia puxo hoxe en valor o labor que realiza o Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental (Ceida) desde hai anos no eido da educación ambiental, espertando a conciencia da cidadanía no respecto e o coidado ao medio ambiente a través dunha completa e variada programación de actividades. Así, ao longo do ano pasado impartíronse un total de 1.525 accións formativas e de divulgación nas que participaron 48.332 persoas.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou esta mañá no consello de dirección e na comisión executiva do Ceida, onde se presentou o informe das actividades desenvolvidas pola entidade en 2024 (cun incremento do número de actuacións do 2,14%) e se analizou o plan de traballo para este ano.

Ao respecto, a responsable autonómica lembrou que o Ceida é un dos centros de referencia en materia de educación ambiental de todos os sectores sociais da Comunidade e salientou o traballo que realiza na procura da preservación e mellora do noso patrimonio natural e no fomento das boas prácticas cidadás nesta materia.

Para desenvolver este labor, precisamente, cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como copadroa do centro, é corresponsable das actividades que promove e organiza.
De feito, a Xunta e o Ceida renovan periodicamente a súa colaboración e, de cara a 2025, o departamento autonómico financiará con 127.975 euros diferentes tipos de actuacións agrupadas arredor de 5 eixos xerais.

Así, ademais de cooperar nos programas de educación ambiental e no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, haberá exposicións itinerantes para comunicar os principais valores naturais de Galicia, desenvolverase unha campaña de dinamización e sensibilización en torno ás Reservas de biosfera —con 7 espazos en Galicia baixo esta figura—, e outra formativa e de comunicación sobre a importancia das áreas protexidas. Así mesmo, porase á disposición da cidadanía e das entidades interesadas os recursos do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga.

Relacionadas

A Xunta destina máis de 300.000 euros para o reforzo da atención a maiores...

0
O Executivo galego investiu máis de 134.000 euros para a adquisición dun vehículo e a realización de melloras no centro de día e no...

A Xunta lamenta que Galicia non poida contar este ano con novas unidades xudiciais...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a falta de orzamentos estatais impediu que Galicia arrinque o exercicio con novos tribunais —...

A Xunta reclama ao Goberno Central unha maior colaboración e a asignación de Fndos...

0
― José González insta á necesidade de sumar esforzos entre administracións, demandando que Galicia acceda a recursos Next Generation -que o Goberno reservou e...

A Xunta destaca a súa aposta a prol do emprego inclusivo e da integración...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, destacou hoxe a aposta da Xunta a prol do emprego inclusivo e da integración...

Belén do Campo supervisa a zona na que se levará a cabo o acondicionamento da AC-421 na Agualada, en Coristanco, que suporá un investimento de case 764.000€ e inclúe unha senda peonil

0
― A Xunta prevé licitar a execución das obras ao longo do exercicio ― Trátase da humanización do treito inicial desta vía, que inclúe a...

A Xunta e a Federación Galega de Caza avalían vías de colaboración para a...

0
Coinciden na necesidade de que as comunidades autónomas poidan realizar accións de control puntual sobre o loboÁngeles Vázquez pon en valor o esforzo da...

Publicacións Relacionadas