HomeXunta de GaliciaA Xunta destaca o papel das empresas na detención e loita contra...

A Xunta destaca o papel das empresas na detención e loita contra a violencia de xénero

- Anuncio -spot_img

Roberto Barba explicou que o Goberno galego impulsou unha guía específica para contribuír á identificación de casos de violencia machista desde a contorna laboral

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou na Resonac Women’s Week cun relatorio sobre as políticas públicas para combater a violencia de xénero e que requiren, explicou, dunha implicación de todo o tecido social e empresarial para avanzar en igualdade.
Na xornada que organizou a empresa Resonac Graphite Spain na súa sede, fixo fincapé na importancia da colaboración entre todos os axentes sociais porque a igualdade de xénero, dixo, é cousa de todas e todos. Por iso, salientou a importancia de que o tecido empresarial organice este tipo de eventos, que fomentan o diálogo e a reflexión, a implicación social e a mellora das políticas públicas.
Ademais, Roberto Barba explicou que a Xunta creou unha guía específica de indicios para contribuír á detección da violencia de xénero desde a contorna laboral, un documento que pretende sensibilizar e achegar aos empregados toda a información necesaria para que poidan ser axentes activos na loita contra a violencia de xénero.

Publicacións Relacionadas