Home Ourense O Carballiño A Xunta destaca o papel vertebrador do Polo de Emprendemento do Carballiño,...

A Xunta destaca o papel vertebrador do Polo de Emprendemento do Carballiño, que xa asesorou preto de 130 proxectos co foco na dinamización e a Remuda

- Anuncio -
  • José González mantivo esta mañá un encontro cos representantes de tres iniciativas nacidas ao abeiro deste Polo: Buscalume, Llobar Téxtil e Creativa23
  • A Rede de polos conta xa con 14 oficinas en Galicia, sendo a do Carballiño unha das catro abertas en Ourense, xunto coas do Barco de Valdeorras, Baños de Molgas e Verín
  • Das iniciativas atendidas polos técnicos do polo, ata un 9% son proxectos específicos de remuda, orientados a garantir a transmisión e continuidade dos negocios
  • No total de toda a Comunidade, a iniciativa xa prestou axuda a máis de 2.200 proxectos e realizou 6.000 titorías desde xullo de 2022
  • Galicia vén de ser recoñecida como Rexión Emprendedora Europea 2025 por actuacións innovadoras como é esta Rede, o Mapa do Emprendemento ou o proxecto piloto de coliving para darlle un pulo ao emprendemento no rural

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou hoxe o Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño, no que se presta de xeito gratuíto asesoramento a calquera persoa que desexe emprender un negocio en Galicia ou consolidar o que xa ten. Esta oficina é unha das catro en funcionamento na provincia de Ourense, xunto coas do Barco de Valdeorras, Baños de Molgas e Verín.

Alí, o titular de Emprego puxo en valor o impacto desta iniciativa autonómica, posta en marcha en 2022, e que na actualidade conta xa con 14 polos activos, espallados por todo o territorio galego. Tamén mantivo un encontro con representantes de tres iniciativas nacidas ao abeiro do Polo: Buscalume -empresa de xogos de mesa posta en marcha por dous galegos retornados-, Llobar Téxtil -cooperativa fundada por catro traballadores que permitiu a permanencia dunha empresa téxtil cando os propietarios orixinais se xubilaron- e Creativa23 -proxecto de emprendemento de fotografía e vídeo-.

José González destacou que estes tres casos de éxito forman parte do total de 129 proxectos que leva atendido o Polo do Carballiño desde a súa apertura, acumulando 344 titorías realizadas. Os proxectos abranguen diferentes sectores, predominando as actividades profesionais, científicas e técnicas (18%), seguido da hostalaría (17%) ou o comercio (16%). Ademais, un 56% das persoas emprendedoras son mulleres.

Deles, unha decena correspóndense con iniciativas impulsadas por galegos retornados. Mentres, o 9% son proxectos específicos de remuda, orientados a fomentar o proceso de transmisión de negocios que xa están en funcionamento, principalmente relacionados co comercio, a hostalaría e as actividades artísticas, recreativas e de entretemento.

No que respecta ao total da actividade dos Polos da provincia de Ourense (O Barco, Baños de Molgas, O Carballiño e Verín), o total dos proxectos atendidos ata o de agora é de 430, incluíndo 1.135 titorías.

Emprendemento e innovación para vertebrar o territorio

A través da Rede de polos, a Xunta busca dinamizar a economía local e fomentar a iniciativa emprendedora na comunidade, co obxectivo de xerar un ecosistema de apoio ás persoas emprendedoras, impulsando as oportunidades de negocio que ofrece a comunidade galega, con especial foco no rural, e aproveitando os discursos dispoñibles.

Ao longo destes dous anos de actividade, prestouse asesoramento en toda Galicia a máis de 2.200 proxectos empresariais en diferentes fases e realizáronse preto de 6.100 titorías. Ademais, durante a visita de hoxe o conselleiro lembrou que está previsto que a Rede se siga ampliando proximamente, coa incorporación dun novo laboratorio en Vilanova de Arousa, na provincia de Pontevedra.

O pulo que lle está a dar Galicia ao empredemento fíxoa merecedora recentemente do premio á Rexión Emprendedora Europea 2025, recoñecendo así medidas innovadoras do Goberno galego como son, ademais da Rede de polos, o Mapa do Emprendemento virtual -con 190 entidades xa adheridas, que integrará todos os axentes, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia- ou o proxecto piloto de coliving, en colaboración coa asociación Sende, no concello ourensán de Lobeira, para atraer nómades dixitais ao rural.

O obxectivo destas actuacións innovadoras é impulsar a vertebración e cohesión do territorio galego, fomentando ademais a creación de emprego de calidade.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas