A Xunta destaca o potencial da xornada ‘Termalismo e Autismo’ na procura de novas técnicas terapeúticas innovadoras

adminON
Lectura mínima de 1

A directora xeral de Persoas con Discapacidade asistiu a este encontro no que se busca coñecer os beneficios das augas termais nas terapias do Trastorno do Espectro Autista

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu á xornada ‘Termalismo e Autismo’ organizada pola Federación Autismo Galicia e a Fundación Menela. O obxectivo deste encontro é dar a coñecer os beneficios terapéuticos das augas termais nas terapias do Trastorno do Espectro Autista (TEA).

No encontro, diferentes expertos en medicina e hidroterapia, entre outros, explicaron o uso do termalismo como unha ferramenta complementaria na mellora do benestar diario das persoas con TEA. Así mesmo, xerouse un debate aberto centrado no papel das novas técnicas que poderían utilizarse nos vindeiros anos.

Neste senso, a directora xeral destacou a importancia de seguir investigando para implementar técnica que melloren a calidade de vida das persoas que sofren este trastorno. Así, Begoña Abeijón trasladou aos organizadores o firme compromiso do executivo galego para seguir mellorando a atención e autonomía das persoas afectadas.

Comparte este artigo