Home Xunta de Galicia A Xunta destaca o proxecto Amodo como exemplo de novas fórmulas de...

A Xunta destaca o proxecto Amodo como exemplo de novas fórmulas de comercialización do producto Artesán Galego

- Anuncio -
  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe en Ourense a tenda Amodo, na que se poden mercar produtos de oito obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia
  • Gabriel Alén e Elena Fabeiro visitaron tamén o taller do sombreireiro Félix de Martín, un artesán de referencia que está a impartir o Curso completo de sombreirería no marco do programa formativo “Aprender da tradición. Oficios e técnicas”

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá en Ourense a tenda Amodo, impulsada polas titulares de varios obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia. O director xeral destacou que este proxecto constitúe un exemplo das novas fórmulas de comercialización do produto artesanal galego a partir da colaboración de varios profesionais para crear espazos de venda xuntando esforzos e minimizando custos.

Amodo Tenda abriu as súas portas como un espazo efémero de venda de produtos artesanais durante a campaña de Nadal, promovido e xestionado polos propios artesáns, e, a raíz da grande acollida por parte do público, reabriu o 15 de xaneiro co obxectivo de converterse nunha tenda permanente na que teña cabida tamén un espazo para organizar talleres, demostracións ou presentacións de produto.

Actualmente pódense atopar pezas de oito obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia como Boro e Sopa de Nuez, especializados na creación de roupa; Bj Candle, en velas; Acivro e Laura Triñanes, en xoiería; Capixuta, en cestería; Marica da Berza, en complementos; e Artesanía do Pasatempo, en cerámica; pero está previsto que o número vaia en aumento. O horario de apertura é de luns a sábado de 11,00 a 14,00h e de 17,00 a 20,30h.

Félix de Martín

O director xeral de Comercio e Consumo e a e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia aproveitaron tamén para visitar o obradoiro do artesán Félix de Martín, especializado na sombreirería. O seu traballo está enfocado no deseño e a confección de pezas de cabeza, unha mestura entre o que os franceses denominan “modiste du chapeau” e os ingleses chaman “hatmaker”. Traballa a elaboración de sombreiros femininos, que implica tarefas como a confección de flores, ou traballos con plumas, entre outros, e as técnicas de sombreirería masculina máis tradicional. Un dos seus piares é a transmisión dos seus coñecementos a novos profesionais porque cre que a normalización do uso do sombreiro é proporcional ao número de profesionais sombreireiros, así como a única maneira de que o oficio medre e evolucione.

Neste sentido, cómpre destacar que Félix de Martín é o encargado de impartir o Curso completo de sombreirería – que se celebra en Santiago de Compostela desde o mes de novembro – no marco do programa formativo Aprender da Tradición. Oficios e técnicas, impulsado pola Xunta para garantir a remuda xeracional, atraer novas vocacións ao sector e mellorar a capacitación dos profesionais do sector, con especial atención á artesanía máis tradicional.

Relacionadas

A Xunta dá luz verde ao informe ambiental da modificación  do PXOM para construir...

0
— A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que os cambios de uso no sector SURT-2 do antigo Ofimático non terán efectos...

A Xunta impulsa melloras nas infraestructuras deportivas de Ponteareas cunha achega de 55.000€

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou os vestiarios das instalacións da Freixa construídos no marco dun convenio co Concello —...

Belén do Campo destaca a boa acollida das axudas da Xunta a concellos e particulares para a corrección de...

0
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convocou por quinto ano esta orde de subvencións que conta cun orzamento de dous millóns de...

A Xunta destaca o papel do patrimonio cultural galego como motor de vertebración do...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto coa alcaldesa do concello de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, asistiu hoxe á inauguración...

O prazo de presentación de solicitudes das axudas de Medio Rural para as Asociacións...

0
― O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, puxo hoxe en valor estas achegas, dotadas cun orzamento de 2,28 millóns...

A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€ para a...

0
A conselleira destacou que o investimento para sufragar os custos de persoal dos CIMS aumenta este ano un 12% con respecto ao 2024Fabiola García...

Publicacións Relacionadas