Home Xunta de Galicia A Xunta destaca o talento pasado, presente e futuro da Escola de Arte...

A Xunta destaca o talento pasado, presente e futuro da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso no seu 175º aniversario

- Anuncio -

— A directora xeral de FP subliña o compromiso da Xunta cunha formación artística de calidade

— O centro acolle ata o 24 de xaneiro as VIII Xornadas de Arte e Deseño Bisiona

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, inaugurou hoxe as VIII Xornadas de Arte e Deseño Bisiona, co gallo do 175º aniversario da Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Pablo Picasso da Coruña, onde puxo en valor “o talento pasado, presente e futuro que percorre este centro” como motor cultural e creativo de Galicia.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa mellora e actualización da formación na Escola Pablo Picasso, co fin de seguir potenciando o talento e a capacidade innovadora do seu alumnado. Neste sentido, resaltou que o centro imparte dous ciclos superiores en modalidade plurilingüe en Dourado, Prateado, Policromía e Ilustración. “O noso obxectivo é reforzar as ensinanzas artísticas en Galicia, combinando a profesionalización coa preservación e o fortalecemento da nosa identidade cultural”, afirmou a directora xeral. Ademais, recordou que, desde este curso, os estudantes das ensinanzas artísticas superiores se benefician da gratuidade da matrícula.

A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso celebra este ano o seu 175º aniversario, reafirmándose como un referente na cultura. Ao longo da súa historia pasaron polas súas aulas importantes artistas, como Román Navarro, Lolita Díaz Baliño, Ángel Senra, María Barbeito ou Santiago Casares Quiroga, entre outros moitos. A directora xeral subliñou que o prestixio da escola débese a que o centro ofrece aos seus estudantes as ferramentas necesarias para ser grandes profesionais, ao tempo que contribúe á consolidación do tecido cultural e creativo da Comunidade.

VIII Xornadas de Arte e Deseño Bisiona
Entre o 22 e o 24 de xaneiro, a Escola Pablo Picasso organiza as VIII Xornadas de Arte e Deseño Bisiona, un evento centrado en conectar ao alumnado co sector profesional das artes e do deseño. Durante estas xornadas, participarán profesionais destacados de diversas disciplinas como ilustración, dourado, fotografía, deseño gráfico, deseño de interiores, cerámica e escultura. Os expertos compartirán a súa experiencia e os seus proxectos co alumnado, ofrecendo unha visión ampla e enriquecedora do panorama artístico e creativo. A programación tamén contará coa actuación da Aula de Saxofón do Conservatorio Superior de Música da Coruña, que amenizará os descansos con pezas musicais contemporáneas. Todas as actividades se desenvolverán no salón de actos da escola, cun acceso aberto ao público ata completar aforo.

Relacionadas

A Xunta destina 3,5M€ ao apoio aos concellos coa orde de axudas para a...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou Malpica de Bergantiños para comprobar as obras realizadas no marco desta medida, que impulsou en...

A Xunta prorroga o convenio coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre para a...

0
— Segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia o Goberno galego realizará unha achega económica anual de case 285.000 euros para financiar a...

A Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrece 31 actuacións escénicas na Coruña co apoio da...

0
— A programación comeza este venres 24 de xaneiro coa obra ‘As formas do amor’ no Teatro Rosalía Castro e esténdese aos aos escenarios...

A Xunta convoca as axudas que buscan impulsar en sindicatos e organizacións empresariais os...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria cun orzamento de 400.000 euros para cubrir os gastos de creación e/ou funcionamento ordinario destes...

A Xunta destina máis de 300.000 euros para o reforzo da atención a maiores...

0
O Executivo galego investiu máis de 134.000 euros para a adquisición dun vehículo e a realización de melloras no centro de día e no...

A Xunta lamenta que Galicia non poida contar este ano con novas unidades xudiciais...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a falta de orzamentos estatais impediu que Galicia arrinque o exercicio con novos tribunais —...

Publicacións Relacionadas