Home Xunta de Galicia A Xunta destaca que a atención xurídica gratuíta para as vítimas de...

A Xunta destaca que a atención xurídica gratuíta para as vítimas de violecia de xénero é fundamental para evitar a revitimización e garantir a súa recuperación

0
1

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero detallou o paquete de medidas que Galicia pon a disposición de todas as mulleres vítimas do machismo e que é un dos máis completos do país

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, destacou que en Galicia as vítimas de violencia de xénero contan con asistencia xurídica e psicolóxica gratuíta co obxectivo de contribuír a evitar a súa revitimización e facilitar a súa recuperación. Así o sinalou durante o curso para profesionais da procura que organizou o Colexio Oficial destes profesionais na Coruña.

Durante esta xornada agradeceu o traballo de todo o persoal xurídico que ademais do seu labor profesional, acompañan e asesoran a todas as vítimas ante un proceso tan delicado e complexo. Neste sentido, lembrou que desde a Xunta se mantén unha estreita colaboración co Consello Galego dos Procuradores para, entre outras cousas, promover accións formativas a estes profesionais destinadas a mellorar a atención das vítimas.

Ademais, Roberto Barba lembrou que a Xunta pon a disposición de calquera vítima de violencia de xénero un dos paquetes máis amplos de programas e recursos para facilitar a súas recuperación e protección. Entre eles destacan, dixo, as axudas económicas pioneiras en España ou a ampla rede de casas de acollida. A isto hai que sumar todas as accións destinadas á prevención, sensibilización e detección da violencia machista entre a cidadanía e que é fundamental para facer fronte a esta lacra.