HomeXunta de GaliciaA Xunta destaca que as entidades sociais terán un papel fundamental na...

A Xunta destaca que as entidades sociais terán un papel fundamental na elaboración da primeira Lei de violencia dixital

- Anuncio -spot_img

Roberto Barba sinalou que as accións de sensibilización, prevención e detección son fundamentais para combater calquera violencia contra as mulleres

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, destacou que a Xunta contará coas entidades socais na elaboración do texto da primeira Lei de Violencia e Acoso Dixital na que está traballando e que permitirá sentar o marco normativo específico para este tipo de violencia. Así o sinalou durante as III Xornadas Xurídicas da Federación pola Igualdade das Mulleres de Pontevedra (Femupo), nas que estivo acompañado polo delegado territorial, Agustín Reguera.

Este encontro abordou a protección da infancia fronte á violencia de xénero a través do enfoque dixital. Deste xeito, Roberto Barba explicou que as principais vítimas da violencia no ecosistema dixital son os nenos e adolescentes e as mulleres, por iso a Xunta impulsa esta Lei pioneira que tipificará estes delitos para poder ofrecer e garantir unha protección específica a estas vítimas.

Ademais, o director xeral lembrou que Galicia é pioneira na loita contra a violencia de xénero con medidas de protección e recuperación integrais, sendo unha prioridade – dixo- impulsar sempre as accións de sensibilización, prevención e detección fundamentais para combatela.

Publicacións Relacionadas