Home Valdeorras Carballeda de Valdeorras A Xunta destaca que o Grupo Cupa Avanza cara a produción intelixente...

A Xunta destaca que o Grupo Cupa Avanza cara a produción intelixente e sustentable da lousa

- Anuncio -

— O consorcio de empresas liderado por Cupa Innovación informou esta mañá do proxecto ‘Smart4slate: enfoque holístico para unha produción intelixente e sustentable 4.0 da lousa natural’, enmarcado no programa Fábrica Intelixente e Sustentable

— A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, lembrou que está actualmente aberta a convocatoria 2023 que impulsa proxectos de I+D+i estratéxicos para o tecido industrial galego

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe en Carballeda de Valdeorras a unha xornada organizada polo Grupo Cupa, en colaboración coa empresa Técnicas de Soft e o centro tecnolóxico CETIM. Nela informouse dos resultados do proxecto Smart4slate: enfoque holístico para unha produción intelixente e sustentable 4.0 da lousa natural. Esta iniciativa, que persegue a transformación do proceso produtivo da lousa natural cun enfoque de Industria 4.0, recibiu o apoio do programa Fábrica Intelixente e Sustentable da Xunta de Galicia na convocatoria de 2020 e está cofinanciado con Fondos do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.
Argerey destacou a contribución deste proxecto á transformación industrial do tecido produtivo galego, a través da dixitalización e automatización de distintos procesos e o desenvolvemento de produtos de alto valor engadido a partir de residuos da lousa. Deste xeito, o proxecto alíñase cun dos retos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 que é avanzar cara a un novo modelo industrial baseado no coñecemento e a innovación, así como coas prioridades da dixitalización e a sustentabilidade establecidas para este período.
O proxecto Smart4Slate, cun orzamento de máis de 3,5 millóns de euros e unha axuda pública de 1,75 millóns a través de fondos Feder, permitiu ao consorcio desenvolver distintas liñas de investigación aplicables ao sector da lousa como a dixitalización do proceso produtivo ou o control de calidade despois do labrado da lousa. En definitiva, favorecerá un incremento da produtividade e unha redución de tempos e de espazos, entre outras vantaxes.
A directora subliñou a importancia da colaboración entre distintos axentes do sistema galego de I+D+i, empresas e centros de coñecemento, co obxectivo de impulsar a transferencia e a transformación en valor económico e social da I+D+i. Así mesmo, apuntou que este proxecto se aliña coa Axenda da Minería Sustentable de Galicia 2030 na que a innovación tecnolóxica para acadar procesos produtivos máis eficientes é clave.
Por último, lembrou que segue aberto o prazo ata o 2 de outubro da convocatoria 2023 do programa de Fábrica Intelixente e Sustentable que apoia iniciativas de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego centradas no desenvolvemento de tecnoloxías dixitais e verdes. Esta liña de axudas, dotada con 24 millóns de euros nesta edición, está dirixida tanto a pemes como a grandes empresas, así como a organismos de investigación que desenvolvan proxectos de I+D en colaboración cunha ou varias compañías.
A través deste programa apóianse tanto proxectos de I+D como de innovación en materia de procesos ou organización co obxectivo de estimular que as empresas leven a cabo a súa I+D+i en Galicia, actúen como elemento tractor na mobilización e atracción de capital privado, impulsen a competitividade do tecido empresarial galego e favorezan a cooperación entre organismos de investigación e o tecido produtivo.

Relacionadas

A Xunta e Renfe celebran o Día das letras galegas difundindo a imaxe de...

0
— Os trens do Servizo Público de Galicia destacan nos repousacabezas a figura da escritora, música e docente coruñesa — As estacións de Renfe exporán...

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A Xunta activa desde mañá servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de...

0
A XUNTA ACTIVA DESDE MAÑÁ SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE VIGO E O AEROPORTO DE SANTIAGO PARA ATENDER OS VIAXEIROS AFECTADOS POLO PECHE TEMPORAL DA...

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Cociñeiros de toda España que suman máis de 80 Estrellas Michelín participarán en xuño...

0
O director de Turismo de Galicia participa na presentación desta iniciativa que cumpre a súa décima edición e que se celebrará na Finca Casa...

A Xunta celebra que o Campionato do Mundial de Motocross recale en Galicia esta...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Gran Premio Galicia, correspondente á sexta proba das categorías MX1, MX2, WMX...

Publicacións Relacionadas