Home Xunta de Galicia A Xunta destina 140.000 € ás axudas para proxectos de dinamización da...

A Xunta destina 140.000 € ás axudas para proxectos de dinamización da área de influencia do Parque Nacional

- Anuncio -
  • Ángeles Vázquez subliña que poden acollerse a estas achegas os concellos de Bueu, Ribeira, Vigo e Vilagarcía de Arousa, empresas, autónomos, ONG, entidades de dereito público e persoas residentes na contorna ou titulares de vivendas nas illas
  • O prazo de solicitude finaliza o 27 de xaneiro e os beneficiarios poderán recibir unha contía máxima de 10.000 € no caso das entidades locais e de ata 6.000 € no resto

A Xunta destinará este ano algo máis de 140.000 euros ás axudas para o impulso de diferentes iniciativas e proxectos coa finalidade de promover o desenvolvemento sustentable das poboacións asociadas ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Así o destacou esta mañá en Ribeira a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, no marco dunha visita ao Centro de Día que ten no municipio Agadea Alzhéimer, que resultou beneficiaria, precisamente, dunha das 18 achegas concedidas ao abeiro da convocatoria de 2023.

En concreto, explicou que esta entidade sen ánimo de lucro recibiu 8.000 euros para levar a cabo o proxecto interxeracional Un camiño de lembranzas, no que participaron rapaces de catro colexios ribeirenses e persoas usuarias do propio centro e que busca, por un lado, afondar na concienciación medioambiental e por outro, mellorar a calidade de vida de maiores e rapaces.

En canto á convocatoria deste ano, Ángeles Vázquez lembrou que a nova orde foi publicada a finais do mes de decembro co obxectivo de apoiar aos concellos da contorna do Parque Nacional (Bueu, Ribeira, Vigo e Vilagarcía de Arousa), entidades sen ánimo de lucro e de dereito público, empresas, autónomos e tamén particulares titulares de concesións ou vivendas no Parque Nacional na realización de actividades na área de influencia socioeconómica das illas que contribúan ao fomento dunha relación harmoniosa entre as súas poboacións e a contorna na que viven e traballan.

Con tal fin, subvencionaranse actividades relacionadas coa conservación da biodiversidade, a protección ou restauración do patrimonio natural, a eliminación de impactos sobre os valores naturais ou culturais do parque, a posta en valor ou a recuperación do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural, o desenvolvemento de actividades económicas relacionadas con este espazo protexido e accións orientadas á divulgación e formación da poboación local nos valores polos que este espazo foi merecedor da súa declaración como Parque Nacional.

O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 27 de xaneiro. En canto ás subvencións, poderán cubrir ata o 100% do investimento subvencionable, cun importe máximo de 10.000 euros por proxecto cando o solicitante sexa unha Administración local ou de 6.000 euros no resto de casos.

Relacionadas

Xosé Merelles destaca o éxito de ‘Nadal en Galicia’ que posiciona a comunidade como...

0
— O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial en Lugo visitaron o Belén de Begonte — Xosé Merelles destacou que a demanda...

A Xunta formaliza o contrato para a executar as obras da plataforma flotante do Parrote,...

0
― Esta intervención singular foi adxudica por 2,5M€ e será executada pola Xunta en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, co obxectivo de habilitar...

A Xunta facilita que case 300 alumnos de 23 institutos de toda Galicia acrediten o...

0
— Esta acción é froito dun acordo pioneiro entre a Xunta e o Instituto Camões que non ten ningunha outra comunidade autónoma — Os seleccionados...

A Xunta visita máis dunha trintena de centros educativos con máis de 2.000 alumnos para...

0
A Escola Galega de Consumo —dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración— vén de impulsar obradoiros no marco do programa Infonadal en 13...

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Publicacións Relacionadas