Home A Coruña A Xunta destina 1,5M€ este ano á adquisición de material de emerxencias...

A Xunta destina 1,5M€ este ano á adquisición de material de emerxencias para 16 GES da comunidade

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de cadanseu camión de emerxencias Bomba Rural Pesada (BRP) ao servizo municipal de Emerxencias de Ponteareas e o GES da Mancomunidade de Val Miñor, que se suman aos xa cedidos aos grupos con sede en Muros e Ortigueira


― Ademais de 4 camións de emerxencias BRP, o Goberno galego xa entregou outros 3 camións Bomba Urbana Lixeira aos GES de Friol, Moraña e Cervo e 3 furgonetas de emerxencias aos de Brión, Avión e Folgoso e continuará a dotar de equipos de excarceración a máis grupos


― O investimento en material nos últimos anos destinados aos servizos de emerxencias da comunidade supera os 21M€

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de dous camións Bomba Rural Pesada (BRP) ao servizo municipal de Ponteareas con sede neste concello e ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Mancomunidade do Val Miñor destinados a acceder a todo tipo de zonas e intervir en incendios urbanos, forestais ou industriais.
No acto tamén participaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, e os delegados territoirais da Xunta en Pontevedra e Vigo, Luís López e Marta Fernández-Tapias.
A Xunta dá continuidade ao investimento histórico dos últimos anos en equipamento de emerxencias con 21 millóns de euros para os servizos de emerxencias da comunidade. No que se refire aos GES, aos 7 millóns de euros investidos desde a súa posta en marcha en 2013 súmanse os 1,5 millóns este ano en material para 16 grupos. As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil tamén teñen recibido outros 14 millóns de euros en equipamento, dos que 1 millón de euros corresponden á última orde de axudas para este colectivo.
Os novos vehículos cedidos hoxe contribuirán a mellorar a atención das emerxencias nos concellos de Ponteareas, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Salvaterra de Miño, no caso do servizo municipal de emerxencias de Ponteareas; mentres que o GES da Mancomunidade de Val Miñor disporá de mellor material para atender as incidencias dos municipios de Baiona, Gondomar e Nigrán.

Os 2 camións BRP son vehículos de tracción integral 4×4 totalmente equipados e adaptados para acceder a calquera zona tanto en áreas urbanas como do rural. Contan tamén cunha cisterna de auga de máis 3.000 litros de capacidade e unha bomba centrífuga con presión combinada, o que permite o lanzamento de auga en baixa e alta presión ou ambas de forma simultánea.
Con esta entrega, a Xunta continúa a reforzar o equipamento dos GES da comunidade co obxectivo de mellorar a eficacia nas súas intervencións e garantir a seguridade dos profesionais que o integran para que poidan realizar o seu traballo nas mellores condicións.
Ademais dos camións de emerxencias BRP entregados hoxe ao servizo municipal de emerxencias de Ponteareas e ao GES da Mancomunidade de Val Miñor e os outros dous xa cedidos aos GES de Muros e Ortigueira, o Goberno galego xa fixo entrega doutros 3 camións Bomba Urbana Lixeira aos GES de Friol, Moraña e Cervo e 3 furgonetas de emerxencias aos de Brión, Avión e Folgoso. Ademais, continuará a dotar de equipos de excarceración a máis grupos

O vicepresidente segundo da Xunta destacou a importancia da labor dos GES na prevención dos lumes e como complemento aos servizos de emerxencias na súa extinción.
Aínda que se trata dunha competencia local -dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nas de menor poboación-, a Xunta colabora no funcionamento dos GES asumindo máis da metade do seu custo anual.

Diego Calvo incidiu na necesidade de dotar aos servizos de emerxencias do material de emerxencias necesario para a redución de riscos. Por iso, solicitou a implicación de todas administracións no reforzo do seu equipamento correspondendo ao traballo que desempeñan cada día para velar pola seguridade dos seus veciños.

Ademais de apoiar aos servizos de emerxencia da comunidade, tanto na dotación de equipamento como no seu funcionamento, a Administración autonómica contribúe á súa formación desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Relacionadas

Nova programación durante o mes de maio nas Casas da Mocidade de Oleiros

0
Durante o mes de maio terán lugar numerosas actividades e obradoiros no Centro da Mocidade das Pedras (Perillo) e en Portaberta (Santa Cruz) para...

O Concello de Oleiros organiza unha ruta pola Costa da Morte norte: de...

0
O Concello de Oleiros organiza unha ruta pola Costa da Morte enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza para o próximo...

Xa están en marcha as obras de mellora de accesibilidade e iluminación do local...

0
· Este é un dos proxectos seleccionados no proceso dos Orzamentos Participativos en 2023. · Os traballos eliminarán o chanzo dunha das entradas, ampliarán as...

O Banco de Alimentos Rías Altas e Voluntariado Cambre asinan acordo de colaboración en...

0
O Banco de Alimentos Rías Altas e Voluntariado Cambre asinan acordo de colaboración en cuestión de voluntariado. Voluntariado Cambre participará en campañas e eventos organizados...

O BNG solicita convocar de xeito inmediato a Comisión Especial do Aeroporto

0
Urxe a transparencia e concretar a información á veciñanza As alegacións non foron contestadas A nova “pegada sonora” do Aeroporto de Albedro está aprobada, sen resposta...

Accidente de tráfico na rúa Doutor Lamas e Andrés, no Concello da Pobra do...

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira recibiron ás 20:30 horas da tarde de onte, mércores 24 de abril, unha chamada alertando dun...

Publicacións Relacionadas