Home Pontevedra A Lama A Xunta destina 200.000 euros ao concello da Lama para a creación...

A Xunta destina 200.000 euros ao concello da Lama para a creación de 26 prazas de Atención Residencial e Diúrna

- Anuncio -

Este novo centro ofrecerá seis prazas de atención residencial e 20 de centro de día para que as persoas maiores desta localidade conten con servizos ao carón dos seus fogares

A Xunta destinou 200.000 euros ao Concello da Lama para a creación de 26 prazas de atención residencial e diúrna. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe as novas instalacións, onde sinalou que mediante a creación deste novo servizo os veciños desta localidade poderán estar ben atendidos e coidados ao tempo que seguen vivindo no seu lugar de sempre.

O Goberno galego asinou no ano 2020 un convenio de colaboración co Concello da Lama para a construción deste centro que contará con seis prazas de atención residencial e 20 de centro de día. Deste xeito, mellórase a oferta de atención para darlle as persoas maiores a oportunidade de decidir onde e como vivir esta etapa das súas vidas.

Fabiola García lembrou que a Xunta aposta por aqueles servizos de proximidade que inciden nesta capacidade de decisión das persoas maiores como o Servizo de Axuda no Fogar, que leva coidados profesionais a 27.000 fogares galegos; o programa Coidados porta a porta, que ofrece servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria; o programa Xantar na casa, que facilita menús semanais, san e equilibrados a persoas maiores que viven soas; ou as 100 casas do maior que existen por toda a Comunidade.

Relacionadas

Luis López destaca o investimento de 350.000 euros da Deputación para a mellora da...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo, comproba o remate das obras e resalta o cumprimento do goberno provincial coas súas...

A conciliación familiar, protagonista das terceiras Xornadas da Muller do Concello de Mos

0
Hoxe comezou o programa de charlas e ponencias enfocadas a dar ferramentas aos pais e nais para que desenvolvan habilidades para educar e formar...

Risas, maxia e tenrura para todos os públicos en Tomiño con Sarabela Teatro

0
Tarde en familia este 21 de abril no auditorio de Goián, que acollerá a representación da obra ‘O secuestro da bibliotecaria’. Ás 17.30 h Sarabela...

Lazadoiro organiza unha xornada sobre o patrimonio defensivo de Salvaterra e a minería romana

0
A xornada comezará cun coloquio ás 10:00h, na aula da natureza do Parque Público A Canuda, adicado ao sistema defensivo Salvaterra-Monção e a súa...

O Concello de Redondela leva 200 nenos e nenas dos colexios a participar nunhas...

0
Ao longo desta semana, en diferentes quendas, un total de 200 alumnos e alumnas de 5º de primaria de todos os centros de ensino...

Concello e Anabam traballan para contribuír á conservación de insectos polinizadores

0
Tomiño desbroza parcelas de forma selectiva para manter a poboación de sírfidos, totalmente inofensivos e moi beneficiosos para o ecosistema polo seu traballo polinizador O...

Publicacións Relacionadas