Home Lugo A Xunta destina 40.000 euros para a construción dunha pista de Skatepark...

A Xunta destina 40.000 euros para a construción dunha pista de Skatepark en O Saviñao

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe a obra levada o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

— Natalia Prieto destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para executar iniciativas como esta que redunden no benestar da cidadanía, e neste caso entre a mocidade

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias visitaron hoxe o concello de O Saviñao ao que o Goberno galego destinou 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de uso público para a construción dun skatepark no lugar de Escairón.

Segundo explicou Natalia Prieto, o concello solicitou a axuda para instalar a infraestrutura deportiva destinada á práctica do skateboard e o patinaxe, xa que segundo indicaron son
deportes que están están experimentando un importante incremento nos últimos años e
non dispoñían de ningún lugar de práctica para os mesmos.

A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a
Xunta e os municipios galegos para levar a cabo iniciativas como esta que redunden no
benestar da cidadanía e incidiu no compromiso da Xunta por manter o apoio que precisan
os concellos con actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños.

Nesta liña, indicou que este concello lucense recibiu nos últimos anos preto de 424.000
euros das ordes de axudas da Vicepresidencia Primeira destinadas aos concellos, como
unha multipista no campo sintético Currelos, a adquisición dun tractor, a creación dun
espazo público de ocio para nenos e maiores en Currelos, o acondicionamento do edificio
do concello en Escairón, o formigonado de camiños en Ousende e Diomondi, a mellora de
vías públicas municipais e do servizo de recollida e residuos e mobiliario urbano, a
contratación de persoal para a protección do ambiente e do espazo natural, a compra dun
dumper para a realización de actividades ambientais, así como o mantemento dos
espazos de interese ambiental

Ademais no ano 2014, foi galardoado co 3º premio dos Coopera polo proxecto Emprego
Verde Ribeira Sacra dotado con 12.500 euros e outorgado ao Consorcio de Turismo
Ribeira Sacra, no que están integrados A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo,
Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil,
Sober ,Taboada, da provincia de Lugo; xunto coa Peroxa, A Teixeira, Castro Caldelas,
Esgos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Xunqueira de Espadañedo, da
provincia de Ourense.

O número de proyectos financiados o ano pasado gracias á Orde de infraestruturas de uso
público na provincia de Lugo ascendeu a 32,  dun  total de 125 en toda Galicia.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Semana Santa consolida a crecente mellora da rendibilidade hoteleira, que medrou un 15%...

0
Ademais, Galicia medrou por riba da media na súa demanda turística ese mes O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos...

A Xunta Reúnese Cos Axentes Sociais e Económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para...

0
— Foi a primeira reunión técnica deste grupo de traballo, que entregará o traballo aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cumio...

Publicacións Relacionadas