Home Xunta de Galicia A Xunta destina 4,3 millóns de euros para realizar obras de mellora...

A Xunta destina 4,3 millóns de euros para realizar obras de mellora da accesibilidade nas vivendas

- Anuncio -

 Ángeles Vázquez salienta que poden beneficiarse desta liña de subvencións tanto persoas propietarias ou usufrutuarias como comunidades de propietarios ou sociedades cooperativas


 Os incentivos van desde os 6.000 euros por vivenda, no caso de que estean incluídas nun edificio residencial, e ata os 12.500 euros para as unifamiliares


 Ademais, no caso de que a intervención busque a mellora da accesibilidade nun edificio, a axuda será de ata 9.000 euros por vivenda

A Xunta de Galicia convocará nos próximos días as axudas destinadas a financiar obras de mellora da accesibilidade cun orzamento estimado de 4,3 millóns de euros, segundo anunciou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Durante unha visita ás obras realizadas en 2021 para instalar un ascensor e unha rampla de acceso nun inmoble de Santiago de Compostela, Ángeles Vázquez explicou que estas axudas van dirixidas a vivendas unifamiliares e edificios, onde poderán realizarse obras tanto nos espazos comúns do inmoble como nas vivendas que o compoñan.

Ademais, a conselleira salientou que os potenciais beneficiarios desta liña de subvencións serán as persoas propietarias ou usufrutuarias, comunidades de propietarios ou sociedades cooperativas.

O obxectivo é, segundo dixo, levar a cabo actuacións que permitan suprimir barreiras arquitectónicas como: instalacións de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou motorizados para a apertura de portas; reformas dos accesos desde a vía pública; colocación de produtos de apoio como guindastres, sistemas tecnolóxicos de guiado, así como de sinais luminosas e visuais e dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior.

As actuacións non poderán estar iniciadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 nin finalizadas antes da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, o prazo de cada obra non poderá exceder de 12 meses en vivendas unifamiliares e 24 meses en edificios residenciais.

No que respecta á contía das axudas, non poderá superar o 60% do custo, aínda que poderá acadar o 80% se na vivenda ou edificio reside unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos.

Máis polo miúdo, no caso de que a axuda se solicite para intervir sobre un edificio, as subvencións serán de 9.000 euros por vivenda e 90 euros por metro cadrado de superficie construída de local comercial.

No caso de que se solicite financiamento para actuar dentro dunha vivenda incluída nun edificio residencial, o importe da axuda será de 6.000 euros; e por último, se se trata dunha vivenda unifamiliar, o propietario poderá recibir ata 12.500 euros.

Nos tres supostos, a axuda increméntase ata os 15.000 euros por vivenda se reside unha persoa con discapacidade e ata os 18.000 euros se acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%.

Ademais, no suposto de edificios ou vivendas Ben de Interese Cultural (BIC), catalogados ou que teñan algún tipo de protección, os importes mencionados poderán incrementarse en 3.000 euros.

Cómpre lembrar que máis de 10.500 familias se beneficiaron nos últimos 3 anos das axudas da Xunta para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade, unha liña de subvencións que supuxo a mobilización de 20 millóns de euros.

Relacionadas

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Un total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao...

0
— Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e...

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal...

0
A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as...

A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a Praia das...

0
As rexistradas ata o momento roldan esa cifra, polo que se agarda que, malia as malas previsións meteorolóxicas, o número final se achegue á...

Publicacións Relacionadas