Home Ourense Nogueira de Ramuín A Xunta destina case 182.500€ ao Plan de Conciliación e Corresponsabilidade do...

A Xunta destina case 182.500€ ao Plan de Conciliación e Corresponsabilidade do Pereiro de Aguiar no que tamén participan nenas e nenos de Nogueira de Ramuín

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe a Aula Concilia deste concello ourensán, iniciativa que leva funcionando desde 2008 e que está dispoñible tanto durante o curso escolar como nos períodos estivais
― O Goberno galego destina preto de 17 millóns de euros este ano a plans de corresponsabilidade, apostando pola igualdade efectiva e facilitándolles a vida ás familias galegas ao permitirlles unha mellor xestión dos seus tempos
O Pereiro de Aguiar (Ourense), 5 de setembro de 2023.- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe a Aula Concilia do Pereiro de Aguiar, que recibiu unha axuda da Xunta de preto de 182.500 euros para contribuír á conciliación non só das veciñas e veciños deste concello ourensán, senón tamén -desde hai dous anos- da localidade lindeira de Nogueira de Ramuín.
Alí, Elena Rivo cualificou a iniciativa como un “modelo exemplar que leva máis de 15 anos en funcionamento, axudando a conciliar da mañá á noite”. No caso concreto do Pereiro de Aguiar, a Aula Concilia está dispoñible nun espazo habilitado do CEIP Ben-Cho-Shey, acollendo 150 nenas e nenos durante todo o ano. A conselleira resaltou esta forma “de axudar a todas as familias a conciliar a vida familiar, de traballo e de ocio”, moi importante durante o curso escolar pero tamén -salientou- nos períodos estivais.
Por iso, este ano a Xunta mobiliza preto de 17 millóns de euros en apoios á conciliación e ao fomento desa corresponsabilidade, no marco dunha visión integral das políticas públicas en materia de igualdade, que opta por transversalizar numerosas actuacións para que cheguen de xeito efectivo á sociedade. O obxectivo é que prenda a idea de que a conciliación e a corresponsabilidade é unha cuestión que debe involucrar a toda a cidadanía, co apoio das Administracións.

Relacionadas

A Xunta nomea os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva co inicio do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto de renovación deste organismo enmarcado na Lei do Deporte de Galicia O conselleiro de Presidencia,...

Galicia solicita no Senado a revisión do nivel de protección do lobo e que...

0
Ángeles Vázquez insiste na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques...

A Xunta pon en marcha a sexta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar...

0
— Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o...

A Deputación mobilizará varios vehículos para espallar sal nas estradas provinciais ante a previsión...

0
Debido aos prognósticos das axencias meteorolóxicas por avisos de temperaturas mínimas e posibles xeadas para esta madrugada, e co fin de garantir a seguridade...

A Deputación fai efectiva a cesión da estrada de San Vicente, en Vilamartín de...

0
O presidente provincial, Luis Menor, celebrou unha xornada de traballo na comarca de Valdeorras, na que o Consorcio de Augas aprobou os orzamentos de...

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de...

Publicacións Relacionadas