Home Ourense O Carballiño A Xunta destina máis de medio millón de euros á formación no...

A Xunta destina máis de medio millón de euros á formación no Obrdoiro de Emprego Vía da Prata II desenvolvido en San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín

- Anuncio -
  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe este obradoiro de emprego dual centrado na albanelería, nos aproveitamentos forestais e na atención sociosanitaria
  • Puxo de relevo que unha vintena de alumnas e alumnos estanse a formar durante 12 meses ao abeiro dun programa adaptado ás necesidades laborais actuais que busca “mellorar a súa incorporación no mundo laboral e fixar poboación no rural”
  • Referiuse aos obradoiros de emprego como ferramentas fundamentais para dotar a poboación activa de formación de calidade ao tempo que se desenvolve un traballo de utilidade pública ou de interese social, fortalecendo piares primordiais da economía

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, puxo hoxe de relevo que a Xunta inviste máis de medio millón de euros para formar durante 12 meses unha vintena de alumnas e alumnos no marco do obradoiro de emprego Vía da Prata II, desenvolvido en San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín. Fíxoo na visita a este obradoiro de emprego dual centrado na albanelería, nos aproveitamentos forestais e na atención sociosanitaria, onde puxo de relevo “a colaboración dos tres concellos” para sacar adiante a iniciativa.

Na visita, a conselleira apostou por “fomentar a formación para mellorar a incorporación no mundo laboral” vencellada ás particularidades de cada zona, co que tamén se contribúe -destacou- a “fixar a poboación no rural”. Conscientes da importancia de seguir traballando para acadar este obxectivo, sinalou que o Goberno galego mantén o seu compromiso con programas como os obradoiros de emprego duais, que a través da formación e do emprego pretenden, por unha parte, formar brindando opcións que mesturan teoría e práctica profesional e, por outra banda, facilitar novas oportunidades reais de inserción laboral.

Nese senso, a titular de Promoción do Emprego e Igualdade referiuse aos obradoiros de emprego como ferramentas fundamentais  para dotar a poboación activa de formación de calidade ao tempo que se desenvolve un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, fortalecendo piares fundamentais da nosa economía.

No caso concreto do obradoiro de emprego Vía da Prata II, Elena Rivo apuntou que se centra na albanelería, “unha área na que se demandan profesionais en toda Galicia”. Así, contémplanse accións como a visitada hoxe, de recuperación dun lavadoiro, ademais doutras como o acondicionamento de camiños ou de beirarrúas.

No caso do eido forestal, a conselleira dixo que os esforzos deben centrarse en “avanzar na conservación e xestión dos nosos montes”. Neste caso, os participantes no obradoiro de emprego dual aprenden a levar a cabo traballos de limpeza e xestión de biomasa.

Por último, referiuse ao campo da atención sociosanitaria, novidade deste ano, atendendo a que a asistencia domiciliaria é un sector en auxe, cunha ampla oferta laboral “especialmente na provincia de Ourense, con poboación máis envellecida”, polo que as alumnas e alumnos tamén atenderán a persoas nas súas vivendas durante o seu período formativo.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas