Home Xunta de Galicia A Xunta destinará case 130.000 € a eliminar especies exóticas invasoras en...

A Xunta destinará case 130.000 € a eliminar especies exóticas invasoras en Cíes, Ons e Sálvora no marco do proxecto europeo LIFE Insular

- Anuncio -

Cunha vixencia de 33 meses, o contrato dálle continuidade aos labores realizados xa en 2022 e 2023 nos tres arquipélagos galegos co fin de implementar unha estratexia de conservación sostible dos hábitats de dunas costeiras e de queirogais secos europeos

A Xunta destinará un total de 129.893,50 euros, IVE incluido, á eliminación de especies exóticas invasoras nas illas Cíes, Ons e Sálvora do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
O contrato para a execución destes traballos, que acaban de adxudicarse e se desenvolverán durante os próximos 33 meses, enmárcanse no chamado LIFE Insular, un proxecto transnacional cofinanciado con fondos europeos no que participan España e Irlanda e que busca acadar a restauración integrada de hábitats insulares do Atlántico.
Concretamente, as actuacións centraranse nas dunas grises fixas e no seu hábitat de contacto para garantir que manteñan un estado de conservación favorable. Para lograr estes obxectivos, a iniciativa prevé executar sobre o terreo unha serie de medidas centradas nos tipos de hábitats insulares 2130 e 4030, correspondentes ás dunas costeiras con vexetación herbácea e aos queirogais secos europeos (brezais).
Ademais, este novo contrato permitirá darlle continuidade aos labores iniciados en 2022 e acometidos tamén durante o ano pasado nos arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora sobre a flora terrestre exótica invasora (acacias, margarida africana, etc.) e que inciden de forma moi beneficiosa no estado de conservación dos hábitats antes mencionados.
A tal fin e de aquí a novembro do ano 2026, a adxudicataria terá que ocuparse da realización de accións para a mellora da estrutura e da funcionalidade dos tipos de hábitats propios destas illas a través da eliminación e control de flora invasora, mediante a aplicación de métodos manuais.
Illas máis resilientes fronte ao cambio climático
Cómpre lembrar que o obxectivo principal do proxecto LIFE Insular é promover un estado de conservación favorable dos hábitats de illas pertencentes á Rede Natura 2000 e localizadas no Océano Atlántico, ao tempo que se aumenta a súa resiliencia como medida de adaptación fronte ao cambio climático.
Neste sentido, búscase minimizar a medio e longo prazo o impacto que poden causar as posibles perturbacións externas sobre as zonas de actuación —risco de vendavais, erosión eólica catastrófica…— e buscarase tamén avanzar cara a unha recuperación da paisaxe natural destas illas co reto de reverter a situación á que había 70 anos atrás.
En concreto, o LIFE Insular pon o foco de atención sobre oito Zonas de Especial Conservación (ZEC) localizadas en cinco illas que son —ademais das tres galegas xa citadas— La Graciosa, en Canarias, e Irlanda.
A Universidade de Santiago de Compostela actúa como coordinadora do proxecto, mentres que o Goberno galego, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, se encarga da execución técnica, tal e como se recolle no convenio asinado no ano 2022 entre ambos organismos. Os outros socios participantes son o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, por parte española, e o Department of Housing, Local Government and Heritage e o Coillte CGA, pola irlandesa.

Relacionadas

Máis dun centenar de universitarios desempregados benefícianse das bolsas da Xunta para cursas un...

0
— Por universidades, 67 dos beneficiarios estudan un máster na Universidade de Vigo, 26 na da Coruña e 12 na de Santiago de Compostela —...

A Xunta define o retorno do talento dos galegos do exterior coma unha ferramenta...

0
José González remarcou a aposta do Goberno galego pola integración sociolaboral dos emigrantes galegos -así como pola captación de traballadores de terceiros países-, a...

O ‘Gastrohub’ incrementa a oferta formativa do Centro Superior de Hostalería de Galicia cun...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinou esta mañá o contrato de adxudicación da obra de creación do ‘Gastrohub’, con Santiago Ferreiro,...

Xunta lanza o concurso #ParqueVibras PARA animar ao alumnado de secundaria a crear vídeos...

0
Os interesados poden enviar as súas propostas para Instagram, TikTok e YouTube ata o vindeiro día 3 de marzo e os tres gañadores recibirán...

A Xunta aposta por implicar a toda a sociedade no coidado da riqueza paisaxística...

0
O IET manterá en 2025 a súa aposta polo fermosismo e destinará 2 M€ a unha nova convocatoria de axudas para a corrección de...

A Xunta conclue a construción do tanque de tormentas e dos novos colectores de...

0
Os traballos permiten mellorar a rede de saneamento de augas do municipio e as condicións medioambientais do río PontiñasÁngeles Vázquez lembra que as actuacións...

Publicacións Relacionadas