Home Lugo A Mariña Oriental A Xunta destinou 42.000 euros ao acondicionamento do local cedido ao concello...

A Xunta destinou 42.000 euros ao acondicionamento do local cedido ao concello de Ribadeo para o traslado provisional dos funcionarios do Xulgado de Paz

- Anuncio -

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o inmoble no que antes dun mes se realizará o traslado mentres o concello leva a cabo as obras da sede principal deste órgano xudicial
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o local cedido pola Xunta ao concello de Ribadeo para acoller de xeito provisional o xulgado de Paz. O Goberno galego investiu 42.000 euros no acondicionamento deste inmoble ao que se trasladarán antes dun mes os funcionarios do xulgado de Paz, mentres que o Concello leva a cabo as obras de acondicionamento da sede principal deste órgano.
A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou o pasado 19 de febreiro que o xulgado de paz de puidese trasladar de forma provisional ás instalacións ofrecidas pola Xunta, que xa traballa no traslado temporal dos funcionarios a este novo local. A resolución recolle que o local proposto polo Goberno galego de forma temporal é axeitado para que os funcionarios desenvolvan o seu traballo, se ben indicaba a necesidade de contar cun local complementario para arquivo, así como que a celebración das vodas do xulgado de Paz se realicen no concello. Por iso, a Xunta solicita a colaboración do concello para procurar un espazo para o arquivo.
A Xunta ten como competencia a dotación do persoal dos xulgados de paz, mentres que ás distintas administracións locais lle corresponden, segundo a Lei de Demarcación e de Planta Xudicial o seu mantemento coa habilitación dos medidos técnicos, instrumentais e das instalacións axeitadas.
Cómpre destacar, por tanto, a colaboración da Xunta para coa cesión dun local provisional e o seu acondicionamento mentres o concello de Ribadeo habilita a sede actual do xulgado de Paz, co obxectivo de contribuír á mellora da xustiza municipal e axudar ao municipio.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas