Home Pontevedra Deza A Xunta destinou o ano pasado case 149.000€ ao concello de Rodeiro...

A Xunta destinou o ano pasado case 149.000€ ao concello de Rodeiro en melloras ambientais e de infraestruturas

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras realizadas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental coa mellora da eficiencia enerxética do alumeado público ou o apoio ao funcionamento de distintos servizos dedicados a protección do espazo natural

― O Goberno galego tamén colaborou en 2022 no marco da Orde de infraestruturas de uso público na reparación da cuberta do centro cultural municipal Manuel Lamazares

― O investimento da Xunta no municipio nos últimos anos mediante as liñas de axudas destinadas ás entidades locais sitúase por riba de 1M€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, as melloras ambientais e nas infraestruturas municipais levadas a cabo no concello de Rodeiro, que a Xunta financiou o ano pasado cunha achega de case 149.000 euros a través de distintas convocatorias de axudas.

Por unha banda, a través da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, o concello recibiu 50.300 euros que investiu nos servizos dedicados á protección do ambiente en espazos naturais. Desta contía, destinouse parte á dotación dun sistema de cloración do servizo municipal de abastecemento e ao financiamento do custe de tratamento e xestión dos residuos sólidos urbanos.

Tamén mediante o Fondo de Compensación Ambiental, pero na súa liña competitiva, o concello recibiu 28.600 euros da Xunta en colaboración na mellora da eficiencia enerxética no alumeado público dos núcleos de Fervenza, Senra de Arriba, Senra de Abaixo, Santa Baia de Barrio, Vilameá e Álceme. As actuais luminarias de vapor de sodio substituíronse por outras tipo LED máis eficientes.

Ademais, a Xunta financiou con 36.900 euros a compra dunha máquina escavadora para labores de protección ambiental destinada á Mancomunidade de Terras do Deza, da que forma parte Rodeiro xunto con Agolada, Dozón, Lalín, Silleda e Vila de Cruces.
O Fondo de Compensación Ambiental (FCA) conta este ano cun orzamento de máis de 11M€ co que o Goberno galego aposta pola protección e mellora do medio natural e desde a súa creación, en 2010, permitiu cofinanciar proxectos por máis de 116M€. Coa liña competitiva do fondo fináncianse iniciativas deste tipo e a non competitiva vai dirixida aos concellos polo asentamento de parques eólicos no seu ámbito xeográfico.

Cómpre engadir que o ano pasado a Xunta tamén investiu 33.000 euros para colaborar co concello no cambio da cuberta do centro cultural municipal Manuel Lamazares, que alberga o auditorio, a biblioteca e o museo municipais. Así, mellorouse o illamento evitando as incidencias que estaban a causar as humidades e as filtracións de auga.

Natalia Prieto lembrou que este apoio materializouse a través da Orde de infraestruturas de uso público á que poden optar as entidades locais co obxectivo de crear e mellorar as súas instalacións municipais empregadas na prestación de servizos eficientes e de calidade. Neste 2023, a Xunta mantén a contía de 3,5M€ desta orde de axudas, á que os concellos galegos presentaron preto de 300 propostas.

A directora xeral de Administración Local incidiu no compromiso da Xunta coas entidades locais, como principais canles para atender as necesidades básicas da cidadanía e garantir a protección dos espazos naturais. Así, referiuse ao orzamento global destinado polo Goberno galego ao eido local, que suma neste exercicio 564,3M€, un 15,5% máis que en 2022, entre os 143,4M€ do Fondo de Cooperación Local (FCL) e as ordes de subvención dos distintos departamentos autonómicos.

Deste xeito, incidiu en que no concello de Rodeiro as distintas liñas de apoio ao eido local supuxeron nos últimos anos un investimento de máis de 1 millón de euros neste municipio e, só en 2022, recibiu máis de 245.200 euros do fondo base do Fondo de Cooperación Local.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas