Home A Coruña A Xunta difunde o labor da Policía Local na Feira das Profesións...

A Xunta difunde o labor da Policía Local na Feira das Profesións celebrada hoxe en Brión

- Anuncio -

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou o evento con motivo da participación do alumnado da 16ª promoción deste corpo policial, que se está a formar na Academia Galega de Seguridade Pública

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe a Feira das profesións con motivo da participación do alumnado da 16ª promoción da Policía Local, que se está a formar na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Coa implicación neste evento organizado polos departamentos de orientación dos institutos de ensino secundario de Ames, Brión e Negreira, a Xunta quere divulgar o traballo realizado polo corpo policial máis próximo á veciñanza e poñer en valor esta profesión como saída laboral.

Así, a mocidade que se achegue a este espazo ao longo da xornada poderá coñecer de primeira man o proceso para converterse en Policía Local, e as diferentes motivacións para elixir esta profesión. Ademais, no expositor terá a oportunidade de achegarse aos materiais de apoio que utilizan no seu labor a prol da seguridade cidadá. Trátase da primeira vez que unha representación deste corpo policial participa na feira, dirixida especialmente a alumnado de cuarto da ESO e de Bacharelato.

A 16ª promoción de Policía Local está integrada por máis dun cento de aspirantes á categoría de policía, na escala básica, que están a formarse na Agasp desde o pasado febreiro para finalizar en outubro. Trátase das persoas que superaron os procesos selectivos da categoría de policía nos diferentes concellos de Galicia e que, unha vez superado o curso selectivo, serán nomeadas persoal funcionario en prácticas A formación ten unha duración de 1.400 horas lectivas, das que 500 se corresponden con prácticas nos respectivos concellos.

Destes aspirantes, 89 proceden dos concellos adheridos á convocatoria unificada. A meirande parte son da Coruña, con 30 aspirantes, mentres que as cidades de Vigo e Lugo contan con nove aspirantes cada unha delas, Padrón con catro e Carballo con tres. Os 34 restantes distribúense entre Ames, Baiona, Bergondo, Betanzos, Caldas de Reis, Cuntis, Gondomar, Marín, Muxía, Narón, Noia, Ponteareas, Porto do Son, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui e Vilanova de Arousa, con unha ou dúas prazas.

A eles súmase alumnado dos concellos das Pontes de García Rodríguez, Culleredo, Oleiros, Sarria, Monforte de Lemos e Cambados. Trátase de localidades que non están adheridas á convocatoria unificada pero que teñen os procesos selectivos en marcha e reservaron praza no curso.

Relacionadas

O Concello de Ribeira solicita a Salvamento Marítimo unha escala do buque Heroínas de...

0
Salvamento Marítimo incorporará á súa flota en próximas datas un novo buque co nome Heroínas de Sálvora. Trátase dun remolcador de altura, especializado no...

O Concello de Neda iluminarase de lila este domingo con motivo do Día da...

0
A fachada da Casa consistorial de Neda tinguirase de lila este domingo, 12 de maio, Día Internacional da Fibromialxia e a fatiga crónica. Unha...

Novos obradoiros na Aula Cemit de Ribeira

0
O segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e o concelleiro Fernando Abraldes presentaron os novos cursos que se desenvovlerán na Aula Cemit durante os...

III Torneo Terra Batida A Devesa

0
Os concelleiros de Xabier Vidal e Fernando Abraldes presentaron hoxe xunto a Juan Fernández e Juan Francisco o II Torneo de Terra Batida A...

O xenocidio en Gaza centra a oitava edición do  encontro internacional Acampa pola Paz 

0
O concelleiro Gonzalo Castro presentou a programación, que se  desenvolverá entre o 7 e 9 de xuño nos xardíns de Méndez Núñez  O concelleiro da...

O Concello organiza actividades de concienciación contra as violencias LGTBIfóbicas nos centros escolares

0
Entendendo a prevención e concienciación de base sobre as violencias LGTBIfóbicas e a educación en igualdade e diversidade desde idades temperás como pilar fundamental...

Publicacións Relacionadas