HomeXunta de GaliciaA Xunta distingue a capacidade de superación de 20 estudantes da ESO...

A Xunta distingue a capacidade de superación de 20 estudantes da ESO con premios extraordinarios

- Anuncio -spot_img
  • Os galardóns ao rendemento académico do curso 24/25 poñen en valor o esforzo, a constancia e a excelencia deste alumnado fronte a diferentes dificultades
  • Cada premiado recibirá unha bolsa económica de 1.000 euros

A Xunta de Galicia vén de distinguir a 20 estudantes cos Premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024/25. Trátase dun recoñecemento especial a unha serie de alumnos cunha forte capacidade de superación fronte a dificultades tanto de carácter persoal como educativo ou do seu contorno.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional resolve esta convocatoria no Diario Oficial de Galicia para premiar unha vintena de traxectorias exemplares ao longo desta etapa formativa a prol da igualdade de oportunidades.

Estes recoñecementos teñen como finalidade salientar publicamente o compromiso, a dedicación e o aproveitamento académico do alumnado, ao tempo que contribúen a reforzar un sistema educativo baseado na excelencia, a equidade e o desenvolvemento persoal. As candidaturas foron propostas polos docentes dos centros atendendo ao esforzo continuado e á capacidade de superación demostrada ao longo da ESO.

O Goberno galego dota cada un destes premios cunha contía de 1.000 euros. Ademais destas bolsas, as persoas distinguidas recibirán un diploma acreditativo e a concesión quedará reflectida no seu expediente académico. Estes galardóns son compatibles con outras axudas ou premios outorgados por administracións públicas ou entidades públicas ou privadas, tanto de ámbito nacional como internacional.

A relación de centros onde estuda o alumnado distinguido é a seguinte:

ConcelloCentro educativo
A EstradaIES Avelina Valladares
As Pontes de García RodríguezIES Moncho Valcarce
CambreIES Afonso X O Sabio
CulleredoIES Eduardo Blanco Amor
FerrolIES Ferrol Vello
LugoIES Nosa Sra. dos Ollos Grandes
MalpicaIES Urbano Lugrís
OleirosIES Plurilingüe Xosé Neira Vilas
OleirosIES Plurilingüe Xosé Neira Vilas
OurenseIES Eduardo Blanco Amor
OurenseCPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús
RedondelaIES de Chapela
RedondelaIES de Chapela
RibadeoIES de Ribadeo Dionisio Gamallo
RoisCPI Plurilingüe dos Dices
Santiago de CompostelaCPR Plurilingüe Ntra. Sra. de los Remedios
SanxenxoIES de Vilalonga
TomiñoIES Antón Alonso Ríos
VigoIES Carlos Casares
VigoIES Alexandre Bóveda

Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e

Publicacións Relacionadas