Home A Coruña A Xunta dota de material deportivo a 41 entidades da Área de...

A Xunta dota de material deportivo a 41 entidades da Área de Ferrol cunha achega de 228.400€

- Anuncio -

— O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, entregou hoxe o equipamento concedido aos 16 clubs, sociedades anónimas e seccións deportivas da cidade de Ferrol na segunda convocatoria da liña de axudas para esta finalidade, que supuxo un investimento de máis de 93.600 euros


— No conxunto de Galicia, estas entregas forman parte dos 4M€ investidos en 714 clubs e federacións na segunda convocatoria desta orde de subvencións, dos que 1,3M€ corresponden a 279 da provincia da Coruña


— O investimento total da Xunta o ano pasado en equipamento para o tecido deportivo suma unha dotación récord de 4,6M€ en dúas convocatorias destas axudas


— O Goberno galego leva investidos nestas axudas máis de 10,3M€ desde 2009 en apoio á compra de material de máis de 1.700 federacións e clubs deportivos

A Xunta investiu o ano pasado na área de Ferrol 228.400 euros en 41 entidades da área ferrolá. En concreto, dos concellos de Ares, Ferrol, Mugardos, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño e Valdoviño. De feito, o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo hoxe entrega do material deportivo concedido a 16 clubs, sociedades e seccións deportivas da cidade de Ferrol, aos que a Xunta apoiou na adquisición de equipamento con 93.600 euros. Ao acto tamén acudiu a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.

Na provincia da Coruña o investimento acada de 1,6M€ en equipamento deportivo a 279 entidades. A maior parte da contía -1,3M€- corresponde ao material cedido a 235 clubs, sociedades e seccións deportivas da provincia, xunto co apoio a 5 federacións, 4 delas na cidade coruñesa e outra na de Santiago de Compostela.

Estas achegas forman parte da segunda convocatoria de subvencións para a adquisición de equipamento deportivo. En toda Galicia, trátase de 714 entidades deportivas -18 federacións e 696 clubs ou seccións deportivas- que percibiron máis de 4M€. Súmanse ás 97 xa beneficiarias da primeira convocatoria destas subvencións por un importe de 700.000 euros, dos que 490.000 euros corresponden aos clubs, sociedades e seccións deportivas e os 210.000 restantes ás federacións. Polo tanto, entre ambas ordes, o investimento histórico de 4,6M€ o ano pasado permitiu dotar do material necesario para garantir a actividade e o funcionamento de máis de 800 entidades deportivas.

Na cidade de Ferrol foron beneficiarios da segunda convocatoria desta orde de axudas 16 entidades de distintas disciplinas deportivas. Hai representación do baloncesto -Basketmi Ferrol Club e Club Universitario Ferrol-; fútbol-Racing Club de Ferrol e Galicia de Caranza-; karate -Bunkai e Renbu-kan-; natación -Club Marina Ferrol e Club Natación Ferrol-; ou xadrez -Círculo Ferrolano de Xadrez e Escola Ferrolá de Xadrez. Tamén foron beneficiarios o Club BTT Esmelle, a Asociación Deportiva Grappling Sport Fight Ferrol, o Club Rugby Ferrol, a escola de surf Beach Club Surf & Coffee, o Casino Ferrolano-Tenis Club e o Círculo Mercantil e Industrial Club de Campo.

Diego Calvo puxo en valor que a Xunta apoia o tecido deportivo da cidade ferrolá coa entrega de equipamento destes clubs, sociedades e federacións. Inclúese tanto material específico para levar a cabo cada disciplina -porterías de fútbol portátiles, cadeiras de rodas, vallas, tapices, taboleiros de xadrez…-; ademais doutro material básico como furgonetas ou material de ximnasio; e material sanitario como desfibriladores.

Os 16 clubs da cidade ferrolá forman parte das 714 entidades beneficiarias na segunda convocatoria das axudas de equipamento deportivo publicada o ano pasado por case 4M€.
Por provincias, 235 entidades beneficiarias desta segunda convocatoria corresponden á da Coruña con 1,3M€ investidos na compra de equipamento, 94 na de Lugo por 516.600 euros, 55 na de Ourense por 295.200 euros e 312 na de Pontevedra por máis de 1,6M€.

O vicepresidente segundo da Xunta lembrou que o Goberno galego leva investidos desde 2009 un total de 10,3M€ a subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos, resultando beneficiarias máis de 1.700 entidades.

Neste 2023, o orzamento da Vicepresidencia Segunda reserva 44M€ ao ámbito deportivo, o que supón unha cifra récord. Unha parte importante destinarase á creación ou mellora de infraestruturas deportivas cunha dotación de 18M€.

Tamén se manterá o apoio ao tecido deportivo cunha achega de 7M€. Por unha parte, mantense o orzamento de 2M€ á orde de axudas ao funcionamento de clubs, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo que xa está publicada. Por outra banda, resérvanse 5M€ á sinatura de convenios con 59 federacións deportivas da comunidade para contribuír ao seu funcionamento.

Nesta liña, Diego Calvo anunciou que xa está en marcha a actual tempada do programa Xogade e está pendente de aprobarse a nova edición Plan Corresponsables, dúas iniciativas que superaron todas as expectativas o ano pasado achegándose ás cifras prepandemia. Así, a Xunta continúa co seu traballo de fomentar a práctica deportiva e inculcar os valores do deporte desde as idades máis temperás.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas