HomeXunta de GaliciaA Xunta e a Asociación Eólica Galega lamentan que o Goberno Central...

A Xunta e a Asociación Eólica Galega lamentan que o Goberno Central perdese outra oportunidade para garantir a seguridade xurídica do sector

- Anuncio -spot_img

Avaliaron a repercusión do Real Decreto para o reforzo do sector eléctrico sobre os proxectos eólicos e coincidiron en indicar que chega tarde e mal

A Xunta de Galicia e a Asociación Eólica Galega (EGA) lamentaron hoxe que o Goberno central perdese outra oportunidade para garantir a seguridade xurídica do sector a través do Real Decreto para o reforzo do sector eléctrico aprobado a semana pasada.

Nese senso, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o presidente de EGA, José Manuel Pazo, reuníronse esta mañá en Santiago de Compostela para avaliar a repercusión dese real decreto sobre o sector e coincidiron en indicar que chega “tarde e mal”.

Tal e como incidiu Ángeles Vázquez, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico aprobou o referido instrumento normativo xusto o día no que vencía o prazo de varios proxectos eólicos a pesar de que desde o Goberno galego se insistiu en múltiples ocasións na necesidade de adoptar esta medida.

De feito, a conselleira puxo en valor que o Goberno central seguise o exemplo de Galicia e regulase, tal e como xa fixo con anterioridade a Xunta, a suspensión dos prazos establecidos como límite para poñer en marcha novos proxectos de enerxías renovables con autorización suspendida en vía xudicial. Nesa liña, indicou que agarda que o Ministerio non presente o recurso de inconstitucionalidade que anunciara cando Galicia regulou esta mesma cuestión.

Así mesmo, a conselleira fixo un chamamento ao Goberno central para traballar xuntos de cara a garantir un desenvolvemento sostible do sector eólico, que, tal e como establece a Unión Europea, é clave para avanzar cara á descarbonización e precisamente por iso lamentou que o real decreto aprobado a semana pasada pase por alto o interese público superior das enerxías renovables, recoñecido xa a nivel comunitario. Na mesma liña, Ángeles Vázquez tamén censurou que o Executivo de Pedro Sánchez perdese a ocasión de regular a retirada da zonificación ambiental para a implantación de enerxías renovables ou cando menos, a aclaración do seu carácter orientativo, ou a simplificación dos procedementos administrativos relativos ao sector así como

Publicacións Relacionadas