HomeXunta de GaliciaA Xunta e a Asociación Galega do Hidróxeno colaborarán no impulso da...

A Xunta e a Asociación Galega do Hidróxeno colaborarán no impulso da innovación tecnolóxica e a formación especializada no eido da FP

- Anuncio -spot_img

— O conselleiro de Educación e o presidente desta entidade asinan un convenio para o desenvolvemento de accións conxuntas relacionadas co hidróxeno verde

— Identificaranse as competencias profesionais precisas neste ámbito para deseñar formación especializada que dea resposta ás necesidades das empresas

A Xunta de Galicia e a Asociación Galega do Hidróxeno van colaborar no impulso de accións de innovación tecnolóxica, formación especializada e certificados de profesionalidade no eido da Formación Profesional. Así se establece no convenio asinado hoxe polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o presidente desta entidade, José Ramón Ferreiro, nun acto no que estiveron acompañados pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez.

O titular de Educación do Goberno Galego agradeceu o “compromiso” da Asociación Galega do Hidróxeno no “poñer a disposición a súa experiencia” para seguir impulsando a calidade das ensinanzas de FP de Galicia en torno a unha enerxía de futuro como é o hidróxeno verde.

Ao abeiro deste convenio, ambas as partes colaborarán para identificar as competencias profesionais que deben reunir as persoas que traballan neste ámbito e poder así deseñar unha formación especializada para desenvolver estas actividades. “Deste xeito, exploramos os perfís profesionais de futuro, dando resposta ás necesidades de persoal cualificado das empresas punteiras, e mellorando as perspectivas profesionais dos titulados da FP galega”, destacou o conselleiro.

I+D+i desde o Eduardo Barreiros
Ademais, a Xunta, a través do Centro de Innovación da FP Eduardo Barreiros, en Ourense, e a Asociación de Hidróxeno desenvolverán accións de innovación e investigación conxunta de proxectos de I+D+i, que tamén se compartirán con todos os centros que imparten ensinanzas de Formación Profesional.

Paralelamente, a entidade dará apoio técnico e loxístico para a formación do profesorado en tecnoloxías relacionadas coa produción, almacenaxe, transporte e consumo de hidróxeno.

O convenio tamén abrangue o desenvolvemento de mobilidades do alumnado e profesorado, o fomento da obtención de titulacións de FP e de certificados de profesionalidade dentro do Plan de avaliación, recoñecemento e acreditación (ARA) e a difusión entre alumnado, profesorado e cidadanía en xeral, dos novos perfís profesionais asociados ao hidróxeno.

Publicacións Relacionadas