Home Xunta de Galicia A Xunta e a Federación Galega de Caza avalían vías de colaboración...

A Xunta e a Federación Galega de Caza avalían vías de colaboración para a xestión do lobo e o xabaril

- Anuncio -
  • Coinciden na necesidade de que as comunidades autónomas poidan realizar accións de control puntual sobre o lobo
  • Ángeles Vázquez pon en valor o esforzo da Federación por colaborar coas medidas implementadas polo Goberno galego, como a declaración de emerxencia cinexética

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reuniuse esta tarde co presidente Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo, e outros representantes da entidade para avaliar posibles vías de colaboración para a xestión de especies de fauna silvestre como o lobo e o xabaril.

Durante o encontro, coincidiron en valorar como un erro a inclusión do lobo na Listaxe de especies silvestres de réxime de protección especial (Lesrpe) por parte do Goberno central así como na necesidade de que as comunidades autónomas poidan realizar accións de control puntual sobre o lobo.

Nesa liña, a conselleira explicou aos representantes da Federación todas as actuacións que levou a cabo o Goberno galego nesta materia, como a reiterada solicitude ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico de revisar o nivel de protección do lobo co fin de adaptalo á realidade actual en cada zona.  Cómpre lembrar que os datos do censo elaborado pola Xunta estiman que a poboación desta especie se mantén estable na Comunidade con arredor de 93 mandas, polo que o Goberno galego considera que estado do lobo non é desfavorable.

A conselleira tamén fixo fincapé en que Galicia, xunto co resto das comunidades lobeiras, teñen trasladado as súas reivindicacións neste eido ás autoridades comunitarias. De feito, entre outras actuacións, en setembro de 2022 reuníronse en Bruxelas co comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevincius. 

A maiores, o pasado mes de decembro expuxeron no debate sobre a xestión do lobo na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado, a necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques que provoca que algunhas explotacións xa sexan inviables desde o punto de vista económico.

Ademais, na reunión tamén avaliaron a xestión do xabaril. Nesa liña, a conselleira agradeceu o esforzo da Federación por colaborar coas medidas implementadas por parte do Goberno galego, como a declaración da emerxencia cinexética, que entrou en vigor o pasado mes de outubro e que se manterá ata o 23 de febreiro de 2025.

Tal e como lembrou Ángeles Vázquez, é a cuarta vez que se recorre a este instrumento, que é excepcional e provisional, complementario á caza regrada e ás actuacións puntuais de control por danos e que busca axilizar a aplicación de medidas de control das poboacións nas zonas con maior incidencia. Nesta ocasión, abrangue 40 comarcas, 260 concellos e preto do 85% da superficie de Galicia, seleccionadas trala análise de variables obxectivas -avisos por danos do xabaril, accidentes de tráfico, superficie afectada e censo gandeiro porcino-.

Nesa liña, cómpre indicar que na tempada cinexética 2023-2024 o número de capturas de xabarís en toda Galicia foi de 18.283, na liña de anos anteriores, e a superficie danada roldou as 2.800 hectáreas.

Os representantes da Federación, pola súa banda, aproveitaron a xuntanza para expoñer a actual situación do sector cinexético en Galicia así como algunhas das súas demandas de cara a garantir o futuro e o relevo xeracional do colectivo, revindicacións que a conselleira se comprometeu a analizar con detalle.

Relacionadas

Belén do Campo reúnese co alcalde da Laracha para seguir avanzando nas vías de colaboración entre...

0
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Conselleira de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana, reuniuse co alcalde...

A Xunta dá luz verde ao informe ambiental da modificación  do PXOM para construir...

0
— A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que os cambios de uso no sector SURT-2 do antigo Ofimático non terán efectos...

A Xunta impulsa melloras nas infraestructuras deportivas de Ponteareas cunha achega de 55.000€

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou os vestiarios das instalacións da Freixa construídos no marco dun convenio co Concello —...

Belén do Campo destaca a boa acollida das axudas da Xunta a concellos e particulares para a corrección de...

0
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convocou por quinto ano esta orde de subvencións que conta cun orzamento de dous millóns de...

A Xunta destaca o proxecto Amodo como exemplo de novas fórmulas de comercialización do...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe en Ourense a...

A Xunta destaca o papel do patrimonio cultural galego como motor de vertebración do...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto coa alcaldesa do concello de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, asistiu hoxe á inauguración...

Publicacións Relacionadas