Home Xunta de Galicia A Xunta e a Universidade de Vigo presentan un vídeo para concienciar...

A Xunta e a Universidade de Vigo presentan un vídeo para concienciar sobre a función dos insectos polinizadores e a necesidade da súa preservación

- Anuncio -

— A Illa dos polinizadores é unha peza audiovisual enmarcada no proxecto LIFE insular, que ten como fin a restauración integrada dos arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora

— A produción desta curta recibiu unha subvención de 6.000 € con cargo á orde de axudas para intervir na área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Esta mañá foi presentado no Centro de Visitantes do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia o vídeo A Illa dos polinizadores, producido pola Universidade de Vigo (UVigo) en colaboración coa Xunta e elaborado a partir do cómic de mesmo nome, realizado por Luis Navarro, Iván Arós e Sophie Drescher.

Trátase dunha curtametraxe de animación realizada co apoio e asesoramento do equipo Divulgare do departamento de Bioloxía da UVigo, integrado por Míriam Álvarez, entre outros, que ten como obxectivo dar a coñecer o papel que xogan os insectos polinizadores no medio ambiente e concienciar sobre a importancia da súa conservación. Ademais da peza audiovisual, tamén foi presentada unha exposición itinerante co mesmo fin.
As dúas iniciativas enmárcanse no proxecto LIFE insular do que forma parte a Comunidade galega e que, en consonancia co vídeo e a exposición, traballa pola preservación dos hábitats insulares de Cíes, Ons e Sálvora, así como pola minimización das perturbacións externas que poidan sufrir estas zonas.

Cómpre salientar que esta iniciativa foi subvencionada con 6.000 euros procedentes da convocatoria de axudas de 2022 na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional das Illas Atlánticas, destinadas a apoiar accións de coidado dos espazos que o compoñen ou, como é este caso, á divulgación sobre a importancia de preservar os seus valores e a súa diversidade natural.

Relacionadas

A Xunta destaca o éxito de Galicia Ilusiona que consolida a Galicia como capital...

0
 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, incidiu no éxito deste festival de ilusionismo que xa é un referente mundial dentro do...

Diego Calvo destaca a fortaleza da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia como...

0
― O vicepresidente segundo da Xunta participou xunto co conselleiro do Medio Rural e a conselleira do Mar na apertura da 45ª edición ― O...

A Xunta denégalle ao concello de A Illa unha subvención para mellorar a envolvente...

0
Luis Arosa, concelleiro de Servizos en funcións, amósase convencido de que a Consellería de Educación ten previsto realizar directamente os traballos O goberno local recibiu...

Preto de 200 agrupacións de voluntarios de Protección Civil benefícianse do apoio da Xunta...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 euros ― Estas achegas complementan a outra orde...

A Xunta apoia o proxecto de voluntariado no rural “Acompaña 2.0” que desenvolve ...

0
Fórmanse parellas interxeracionais para darse compañía, favorecer o acceso dos maiores ás novas tecnoloxías e dar á coñecer á xente nova as oportunidades que...

O Museo de Belas Artes acolle este domingo o último concerto do ciclo musical...

0
— A Coruña é a última parada da iniciativa que puxo o foco nas cidades de Málaga, Barcelona e París o pon agora en...

Publicacións Relacionadas