Home Xunta de Galicia A Xunta e as Asociacións Empresariais de Escena e de Música reúnen...

A Xunta e as Asociacións Empresariais de Escena e de Música reúnen máis de 70 profesionais galegos e portugueses na xornada de apertura de Culturgal

- Anuncio -

— Poténciase a vertente de negocio cultural cun primeiro día de actividade reservado ao intercambio entre os axentes do sector a través de xuntanzas personalizadas, ‘networking’ e presentacións


— O Goberno galego repite como principal entidade patrocinadora do evento, ao que lle achega ademais preto dunha trintena de citas entre talleres, relatorios, concertos e representacións escénicas

Culturgal iniciou hoxe no Pazo da Cultura de Pontevedra o seu programa de actividades, que este ano se estende durante catro días para reservar o primeiro deles aos axentes do sector arredor da Xornada profesional de promoción escénica e musical de Galicia. Os colectivos Escena Galega e Asociación Galega de Empresas Musicais organizan este primeiro encontro da 15ª edición da feira, para o que contan co apoio da Xunta de Galicia.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na apertura da xornada, que reúne máis de 20 responsables de programación de municipios, teatros e festivais de Galicia e do norte de Portugal con medio centenar de representantes de compañías escénicas, grupos de música, empresas promotoras e distribuidoras integrantes das asociacións organizadoras.

Fomento da contratación de espectáculos
Sutil destacou a evolución de Culturgal cara a esta dimensión máis profesional na procura de incentivar o negocio cultural, “un compoñente crucial que ten que ter esta feira como socia prioritaria”. Neste sentido, celebrou que en 2022 se engada un día máis á programación para recibir os profesionais que inciden directamente na contratación dos espectáculos de artes escénicas e musicais que se producen en Galicia.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades subliñou igualmente a suma de esforzos por parte da Xunta e das dúas asociacións galegas de empresas de artes escénicas e de música para o desenvolvemento desta iniciativa, así como a participación de axentes chegados desde Portugal. “A nosa difusión cultural cara á outra beira do Miño é un destino natural que temos que valorar e coidar desde ambos os lados da fronteira”, engadiu.

Esta xornada profesional estenderase ata ás 18,30 h. arredor de accións de networking, presentacións, coloquios e roldas de negocio a modo de reunións personalizadas, enfocándose prioritariamente aos programadores dos espazos asociados á Rede Galega de Teatros e Auditorios, sen deixar de lado o resto das programacións que acollen os escenarios representados nesta xornada profesional. Ademais, este primeiro día de actividade acollerá a xuntanza da comisión artística do devandito circuíto de espectáculos, que a Xunta promove canda a unhas 40 entidades locais de toda Galicia.

Culturgal abrirase a todo o público a partir de mañá venres e despregará ata o domingo unha ampla oferta de actividades, á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades contribúe coa organización directa de preto dunha trintena de citas. Haberá talleres, presentacións, concertos e representacións escénicas, que terán lugar tanto no stand da Xunta como no resto dos espazos da feira.

Relacionadas

O vicepresidente segundo da Xunta mantén un encontro co embaixador de España na República...

0
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, foi recibido na xornada de onte polo embaixador de España na República...

A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada...

0
― Estas novas actuacións nas vías da provincia da Coruña súmanse ás que se están levando a cabo nas últimas semanas na AC-549 en...

A Xunta financia con 11,4M€ a contratación de 102 novos investigadores predoutorais que se...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica a lista de seleccionados, que recibirán un importe de ata 112.000€ por investigador para todo o período,...

Román Rodríguez avalía co embaixador de España da UNESCO as tres candidaturas galegas a...

0
— O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades mantivo un encontro con José Manuel Rodríguez Uribes en Rabat no marco do 17 Comité...

A Xunta avanza nas obras do búnker de radioterapia do Hospital Público de Montecelo...

0
― Esta estrutura ten unha superficie en planta rectangular de 430 m² e na súa construción estanse a empregar 1.225 m³ de formigón e...

Diego Calvo coñece as melloras de habitabilidade nos núcleos de vivendas de San Pedro...

0
— O vicepresidente segundo visitou os “bateyes” de La Balsa e La Cubana nos que, xunto co de Olivares, as ONGD Asemblea de Cooperación...

Publicacións Relacionadas