Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación A Coruña A Xunta e as Deputacións Provinciais acordan continuar as negociacións para a...

A Xunta e as Deputacións Provinciais acordan continuar as negociacións para a prestación do servizo contraincendios e salvamento

- Anuncio -

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou xunto cos representantes das catro deputacións o protocolo de colaboración para traballar de xeito conxunto


— As forzas sindicais representantes dos traballadores dos parques de bombeiros comarcais rexeitaron adherirse ao acordo a pesar de recoller as súas demandas, e néganse a desconvocar a folga indefinida


— Prevese a sinatura dun convenio colectivo en cada consorcio coas mellores condicións que xa tiñan os traballadores para logo iniciar a negociación de novos convenios e homoxeneizar as condicións laborais de todos os parques de bombeiros

A Xunta apoia as deputacións provinciais para continuar as negociacións co persoal do servizo contraincendios e salvamento a través dun protocolo de colaboración asinado hoxe polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, os presidentes das deputacións de Ourense, Luis Menor, e de Pontevedra, Luis López, e os deputados José Ramón Rioboo e Pilar García en representación das da Coruña e Lugo, respectivamente.

As forzas sindicais representativas dos traballadores dos parques de bombeiros comarcais, que mantiveron reunións con representantes das administracións o 22 de xuño e o 13 de xullo pasados, rexeitaron sumarse ao acordo, pese a que este recolle as súas demandas, así como o compromiso das centrais a restablecer a normalidade no servizo. A pesar disto, o Goberno galego e as deputacións manteñen o ofrecemento para avanzar na negociación.

O acordo fixa a vontade de traballar de xeito conxunto para aplicar a sentenza do 28 de xaneiro de 2022 ao persoal subrogado dos consorcios provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra de prestación do Servizo contra incendios e salvamento, mantendo a condición de persoal indefinido fixo que tiñan no momento da subrogación co gallo do modelo de xestión.

Con este obxectivo, como primeiro paso prevese a sinatura dun convenio colectivo en cada un dos consorcios no que se recollan as mellores condicións dos convenios que tiñan os traballadores coas empresas prestadoras do servizo. Búscase así que a fixeza do persoal se realice cun procedemento coas garantías legais necesarias, tal e como xa acordara a Xunta coas deputacións provinciais e consonte aos criterios da sentenza. O texto asinado recolle que ese convenio se formalizará á maior brevidade posible e que terá unha vixencia dun ano.

A partir desta sinatura, as partes implicadas comprométense a iniciar o vindeiro setembro a negociación de novos convenios colectivos para homoxeneizar as condicións laborais do persoal dos catro consorcios e que entrarían en vigor en outubro de 2024. En paralelo, principiarase a tramitación das respectivas Relacións de Postos de Traballo (RPTs).

Cómpre lembrar que a prestación do servizo contra incendios é competencia municipal e conta co apoio económico da Xunta, que achega máis do 50% do custo do servizo no conxunto de Galicia. En 2018 formulouse a posibilidade do cambio de modelo de xestión para pasar de indirecta a directa nos 24 parques de bombeiros dos consorcios provinciais, unha decisión que foi apoiada polo Goberno galego coa condición de que non suporía un aumento do custo nin maiores achegas económicas da administración autonómica.

Deste xeito, unha vez culminados os trámites neste ano no de Ourense, os consorcios funcionarán en todas as provincias con xestión directa, o que implica a subrogación dos efectivos das empresas que prestaban o servizo. O cambio de modelo require a subrogación en réxime de indefinido non fixo, para posteriormente a través dun proceso selectivo converter o persoal en indefinido do consorcio.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

A Deputación abre este venres o prazo para solicitar as axudas para a realización...

0
Con esta liña de subvencións, por concorrencia competitiva, o goberno de Luis López busca fomentar o turismo na provincia distribuíndo axudas que ascenden a...

Publicacións Relacionadas