HomeXunta de GaliciaA Xunta e o Clúster Turismo de Galicia avanzan na colaboración a...

A Xunta e o Clúster Turismo de Galicia avanzan na colaboración a prol de reforzar o emprego no sector e impulsar a captación de talento

- Anuncio -spot_img
  • O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuníronse co presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal, e outros membros do equipo directivo da entidade
  • José González puxo en valor as medidas que impulsa a Xunta a prol de afrontar retos actuais do mercado laboral, especialmente no que atinxe á cobertura de vacantes nos principais sectores produtivos, entre eles o turístico
  • O director de Turismo de Galicia, pola súa banda, puxo en valor o papel do Centro Superior de Hostelería de Galicia e o novo programa de formación no que se está traballado dirixido aos profesionais do sector

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse co presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal, e outros membros do equipo directivo da entidade, co obxectivo de explorar posibles sinerxías e vías de colaboración en materia de xeración de emprego no sector.

O conselleiro puxo en valor algunhas das medidas que impulsa a Xunta a prol de afrontar retos actuais do mercado laboral —tanto orientadas ao mercado interno como a atracción de talento exterior—, especialmente no que atinxe á cobertura de vacantes e ao impulso da formación flexible e á carta do tecido produtivo. Tamén destacou o novo Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que contempla actuacións para potenciar as sinerxías entre o sector comercial e o turístico, a través de experiencias que conecten o comercio local co patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia.

Pola súa banda, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou o novo programa de formación para os profesionais do sector turístico no que se está a traballar cun investimento de máis de 2M€. Tamén valorou o traballo que se está a realizar desde o Centro Superior de Hostelería de Galicia formando futuras xeracións de profesionais en Xestión hoteleira e tamén no ámbito da gastronomía co novo curso superior de Chef en Cociña e Hostelería.

Publicacións Relacionadas