test
Home Viana A Gudiña A Xunta e o concello da Gudiña comparten a súa aposta por...

A Xunta e o concello da Gudiña comparten a súa aposta por un desenvolvemento eólico ordenado e respectuoso co medio ambiente

- Anuncio -

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co rexedor do municipio ourensán, José María Lago, no que o informou sobre a situación das iniciativas que se están a presentar relativas a este concello

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co alcalde da Gudiña, José María Lago, no que o informou sobre os parques eólicos que se están a presentar no seu concello, dentro da aposta da Xunta de Galicia pola transparencia e a máxima colaboración institucional á hora de informar sobre a situación dos diferentes proxectos eólicos.

Na reunión celebrada en Santiago de Compostela, o vicepresidente económico reiteroulle ao alcalde da Gudiña a aposta do Goberno galego por unha planificación ordenada do sector eólico, que permita achegar a máxima seguridade xurídica aos proxectos e respectar o medio natural.

Para iso, e entre outras actuacións, a Xunta, a través da lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos deste ano, vén de activar unha moratoria de 18 meses para poder tramitar coas máximas garantías os expedientes que ten a Administración autonómica nestes momentos enriba da mesa.
A maiores, inclúe unha nova limitación na distancia dos aeroxeradores con respecto aos núcleos de poboación, pasando dos 500 metros actuais a unha distancia que se calculará multiplicando por cinco a altura do aparello, logrando así un menor impacto visual.

Dentro do obxectivo de levar a cabo un desenvolvemento eólico ordenado, a Xunta está a impulsar tamén ferramentas de transparencia, colaboración institucional e información destinadas aos concellos, á cidadanía e ao resto de entidades interesadas.
Compromiso ambiental
Na xuntanza, o vicepresidente económico e o rexedor da Gudiña coincidiron en destacar as enerxías renovables como clave para a mellora ambiental e a redución de custos, contribuíndo tamén á creación de emprego e á reactivación económica.

A Xunta, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), ten abertas convocatorias de axudas por 37 millóns de euros para promover as enerxías renovables, o autoconsumo e o almacenamento enerxético, con diferentes partidas destinadas a empresas, particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas.

Entre as iniciativas que se poden beneficiar destes programas atópanse as comunidades enerxéticas locais, que favorecen o desenvolvemento social e económico do territorio, axudando a crear emprego e fixar poboación no rural. Neste sentido, o Concello da Gudiña está a traballar na posta en marcha do que se coñece como “aldea xeradora”, capaz de producir a enerxía suficiente para autoabastecerse, cun proxecto de enerxía solar con acumulación de baterías.

Relacionadas

A Xunta apoia a Liga Galega de Traiñeiras con 25 equipos nas súas tres...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na illa de San Simón no acto de presentación da competición de...

A Xunta apoia o transporte de mercadorías a través dun plaan estratéxico para impulsar...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou hoxe en Lugo na clausura da asemblea xeral ordinaria da Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías...

Diego Calvo, visitou esta mañá en Ribadumia os participantes no IV Torneo Intercontinantal de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou esta mañá en Ribadumia os participantes no IV Torneo Intercontinantal de fútbol sub-14, máis...

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Ribadumia con 77 prazas...

0
O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse a 540.000 eurosDiego Calvo destacou que...

Rueda destaca o peso do peregrino internacional no Camiño de Santiago e unhas rutas...

0
Fai fincapé en que antes de que remate xuño xa se superará a cifra de 200.000 compostelas, o que augura un novo récord anual...

Belén do Campo destaca o crecemento do Camiño Inglés sendo a cuarta opción máis...

0
A delegada da Xunta participou na inauguración do evento Primavera no Camiño Inglés que se celebra hoxe nos Xardíns de Méndez Núñez organizada pola...

Publicacións Relacionadas