A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión de traballo co alcalde da Veiga, Juan Anta, para analizar as liñas de apoio que a Administración autonómica pon a disposición das administracións en materia de eficiencia enerxética.
Lorenzana valorou de xeito positivo o interese do Concello por estudar posibles actuacións que permitan o uso de enerxías renovables e o aforro enerxético en varias infraestruturas municipais. No encontro valorouse o posible encaixe que estas axudas poderían ter nos proxectos da Veiga.