Home Ourense Baixa Limia A Xunta e o Concello de Lobios avalían o proxecto municipal para...

A Xunta e o Concello de Lobios avalían o proxecto municipal para a mellora da EDAR da localidade

- Anuncio -

O orzamento de Augas de Galicia sobe o vindeiro ano 2025 ata os 144 M€, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora de infraestruturas, a formación e a execución de políticas activas de resposta ao cambio climático

A Xunta de Galicia e o Concello de Lobios están a avaliar vías de colaboración para acometer a mellora da estación depuradora de augas residuais (EDAR) da localidade.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa da localidade, Carmen Yáñez, estudaron, nunha reunión que mantiveron esta tarde, o proxecto municipal para mellorar o tratamento das augas residuais. Así, tal e como explicou a rexedora, entre outras actuacións, sería preciso instalar unha grella de difusores no fondo do reactor que permita unha maior homoxeneidade da aireación así como unha sonda de osíxeno para un maior aforro enerxético.

A maiores, tamén se propón a posta en marcha dun autómata, que, ademais de permitir un maior control dos equipos, facilitaría unha posterior conexión en remoto para poder actuar sen necesidade de desprazarse ata a estación, co que se reduciría a pegada de carbono e se aforrarían custos de desprazamento. Pola súa banda, Ángeles Vázquez trasladoulle á alcaldesa que o persoal técnico de Augas de Galicia analizará o estudo que remitirá o concello para valorar posibles vías de actuación.

A maiores, a conselleira lembrou que o orzamento de Augas de Galicia sobe o vindeiro ano 2025 preto dun 5%, ata os 144 M€, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora de infraestruturas, a formación e divulgación e a execución de políticas activas de resposta ao cambio climático.

O obxectivo principal será facer un uso eficiente da auga e reducir a pegada hídrica na comunidade mediante investimentos nas redes de saneamento, depuración e abastecemento así como no apoio aos concellos, o deseño de mapas de riscos climáticos ou a creación de corredores verdes para reducir os asolagamentos.

Por último e noutra orde de asuntos, conselleira e alcaldesa tamén analizaron varios proxectos relacionados co Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e concretamente, as propostas municipais para poñer en valor núcleos emblemáticos deste espazo natural localizados no concello de Lobios.

Relacionadas

A Xunta apoia a contratación de 15 novos doutorandos para que poidan desenvolver a súa tese en...

0
― A Consellería de Ciencia inviste case preto de 2 millóns de euros na cuarta edición deste programa, que suma xa máis de 61...

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O programa de fomento deportivo da Deputación promoveu unha vida saudable entre 2.400 participantes...

0
Cunha dotación de 60.000 euros, esta iniciativa incluíu ata 18 disciplinas para promover o deporte familiar A gran implicación da comunidade e a ampla franxa...

A Xunta impulsa o establecemento de sinerxías entre otalento universitario e o ecosistema emprendedor galego no marco da Rede...

0
— O Executivo galego promove a conexión entre empresas emerxentes galegas, asesoradas no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego,...

O 061 de Galicia reitera a importaancia de extremar as precaucións nos desprazamentos por...

0
 No Nadal do ano pasado Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 319 chamadas por accidentes de tráfico, que xeraron 252 asistencias e a atención...

O Diario Oficial publica hoxe as novas inclusións e actualizacións de méritos nas bolsas...

0
Trátase da relación refundida e actualizada das persoas integrantes das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-intervención, Secretaría e Intervención-tesourería O Diario Oficial de Galicia publica...

Publicacións Relacionadas