HomeOurenseA LimiaA Xunta e o concello de Vilar de Santos estudan accións conxuntas...

A Xunta e o concello de Vilar de Santos estudan accións conxuntas para impulsar o comercio local

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse esta semana co alcalde de Vilar de Santos, Rubén Colmenero, para analizar posibles accións conxuntas que contribúan a impulsar o comercio local. Trátase dunha xuntanza na que se abordaron as necesidades  do sector comercial da zona, co fin de colaborar en actuacións que potencien o comercio de promixidade e contribúan a visibilizalo.

Xuntanzas coma esta enmárcanse no compromiso de colaboración da Administración galega coas entidades locais e o tecido comercial, unha das liñas prioritarias recollidas no novo Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030. Deste xeito, a Xunta reafirma o seu apoio á posta en marcha, promoción, mantemento e mellora do comercio local como motor económico e elemento vertebrador do territorio.

Publicacións Relacionadas