Home A Coruña A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao Rego...

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao Rego da Ponte Ribeira, no concello de Ordes

- Anuncio -

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron este foco nunha inspección rutineira
Augas de Galicia solicitoulle a adopción de medidas ao Concello, que procedeu ao desentullo da entrada do sistema de depuración municipal na entorna do rego
Os inspectores autonómicos levaron a cabo unha nova inspección na zona, confirmando a emenda do vertido

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais sen depurar ao rego da Ponte Ribeira, no concello de Ordes.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, que desenvolve Augas de Galicia, localizaron este foco nunha inspección rutineira.

O persoal da Xunta comprobou que o vertido se orixinaba como consecuencia dun atranco no sistema de depuración existente na entorna do rego, o que producía que as augas residuais brutas non chegasen a penetrar nos dispositivos de tratamento e acadasen directamente o dominio público.

Augas de Galicia solicitoulle ao Concello a realización das actuacións necesarias para eliminar este aporte contaminante.

O Concello de Ordes procedeu ao desentullo da entrada do sistema de depuración a través da empresa concesionaria do servizo municipal de saneamento.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos levaron a cabo unha nova inspección de seguimento, confirmando a emenda do vertido.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

Publicacións Relacionadas