HomeO MorrazoBueuA Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais desde o...

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais desde o Porto de Beluso, en Bueu, cara a Ría de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

― Os técnicos do Programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron o foco no marco das inspeccións de rastrexo de puntos de vertido inventariados no municipio, dando seguimento á denuncia recibida desde o servizo de Emerxencias do 112

― As inspeccións e mostraxes efectuadas polo persoal da Xunta confirmaron a existencia de contaminación procedente dunha deficiencia nun colector unitario cuxo trazado discorre pola estrada Costa Figueirón e a rúa Praia de Beluso, e remata na depuradora municipal de Beluso

― Augas de Galicia notificoulle a situación ao Concello que, a través da concesionaria municipal realizou unha inspección robotizada do citado colector, localizando o punto no cal se produciu a derivación das augas residuais á ría para proceder á súa emenda

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais no porto de Beluso, no concello de Bueu, cara á ría de Pontevedra.

Este foco foi identificado no marco das inspeccións de rastrexo de puntos de vertido inventariados previamente polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, dando seguimento a unha denuncia de vertido comunicada ao servizo de Emerxencias do 112.

As inspeccións e mostraxes efectuadas polo persoal da Xunta nas instalacións portuarias permitiron confirmar a existencia de contaminación procedente dunha deficiencia nun colector unitario cuxo trazado discorre pola estrada Costa Figueirón e a rúa Praia de Beluso, e remata na depuradora municipal de Beluso.

Augas de Galicia notificoulle a situación ao Concello de Bueu, procedendo a empresa concesionaria do servizo municipal á inspección robotizada do citado colector unitario no cal se orixinaba o vertido, localizando o punto de derivación das augas residuais á ría e acometendo a súa reparación.

Nunha nova inspección á zona, os técnicos da Xunta verificaron que as actuación realizadas polo Concello no colector, mediante o emprego dun trazador hidrosoluble engadido ás conducións de saneamento, permitiron a emenda do vertido.

Publicacións Relacionadas