Home Vigo Pazos de Borbén A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais nunha instalación...

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais nunha instalación do Polígono Industrial de Amoedo cara o río Alvedosa, no concello de Pazos de Borbén

- Anuncio -

― Os técnicos de Augas de Galicia localizaron este foco tras recibir a alerta do Servizo de Emerxencias 112, dando conta dun vertido de escumas cara ao río

― Os inspectores localizaron a orixe do foco nos baldeos realizados cara a unha reixa de pluviais no interior das instalacións dunha empresa da zona

― Augas de Galicia requiriulle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas

― Os técnicos da Xunta verificaron recentemente o cese da contaminación, tras proceder a empresa á conexión das augas de baldeo cara ao sistema de depuración das instalacións

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais procedente dunha instalación asentada no polígono industrial de Amoedo cara ao río Alvedosa, no concello de Pazos de Borbén.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco tras recibir unha alerta a través do Servizo de Emerxencias 112 dando conta dun vertido de escumas cara ao río.

As comprobacións realizadas polo persoal de Augas de Galicia permitiron identificar a orixe das escumas nos baldeos realizados cara a unha reixa de pluviais no interior das instalacións dunha empresa da zona. Ante a deficiencia observada, os técnicos da Xunta requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de emendar o foco.

Nunha nova inspección xirada á zona, o persoal de Augas de Galicia verificou que desde a empresa procederon a conectar as augas de baldeo cara ao sistema de depuración das instalacións, emendando así a contaminación asociada a este foco cara ao dominio público hidráulico.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Publicacións Relacionadas