HomeXunta de GaliciaA Xunta elimina un punto de vertido residuais nunha instalación industrial do...

A Xunta elimina un punto de vertido residuais nunha instalación industrial do concello de Caldas de Reis

- Anuncio -spot_img

― Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, detectaron este foco nunha inspección rutineira de control


― Os inspectores identificaron a existencia dunha canle de derivación anexa ao sistema de depuración das augas residuais industriais, a través da cal se podían producir achegas a dominio público en condicións inadecuadas


― Augas de Galicia de Galicia requiriulle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas


― Os técnicos da Xunta verificaron recentemente a eliminación do bypass das augas residuais industriais, asegurándose a ausencia de vertidos irregulares nese punto

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un vertido de augas residuais procedente dunha instalación industrial asentada no concello de Caldas de Reis.

Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia.

Os técnicos da Xunta identificaron a existencia dunha canle de derivación anexa ao sistema de depuración das augas residuais industriais, a través da cal se podían producir achegas ao dominio público en condicións inadecuadas.

Ante a deficiencia observada, os técnicos requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de evitar achegas contaminantes.

Os responsables da empresa procederon á a eliminación do bypass das augas residuais industriais, asegurándose a ausencia de vertidos irregulares a través deste punto, como verificaron os técnicos da Xunta nunha nova inspección.

Publicacións Relacionadas