Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Xunta eloxia o “crecente e consolidado” atractivo turístico internacional do...

A Xunta eloxia o “crecente e consolidado” atractivo turístico internacional do Festival de Ortigueira

- Anuncio -
  • Xosé Merelles destacou a presenza de grupos de referencia do panorama celta, ademáis da axenda de actividades que se desenvolven de forma paralela ao festival
  • María Quintiana puxo en valor a instalación dunha Área de Igualdade con actividades de concienciación e sensibilización e un punto lila e arco iris para atender e asesorar ás persoas que o precisen

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a directora de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participaron hoxe xunto á delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, na presentación da nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira onde salientaron o seu “crecente e consolidado” atractivo turístico e cultural internacional e o evento máis multitudinario da música celta e folk de España, que na última edición contou cunha asistencia de 100.000 personas.

Xosé Merelles quixo felicitar á organización do Festival de Ortigueira polos 21 concertos e os 22 pasarrúas que este ano encherán de vida a vila de Ortigueira ata o vindeiro domingo e salientou o apoio da Xunta de Galicia a esta festividade como unha das 15 festas de interese turístico internacional da Comunidade galega e fixo referencia á capacidade para atraer visitantes de distintas partes do mundo. Tamén subliñou a importante axenda de actividades que se desenvolven de forma paralela á cita internacional convertendo estes días Ortigueira no núcleo da cultura celta e a música folk en Galicia e España.

Pola súa banda, María Quintiana destacou a aposta deste ano da organización pola programación de bandas femininas a nivel galego e internacional. Así, subliñou os tres grupos integramente conformados por mulleres, Scottish Fish, Kinnaris Quintet e Fillas de Cassandra.

Neste sentido, puxo en valor a aposta da Xunta por instalar un Área de Igualdade e un punto lila e arco iris no Festival de Ortigueira, por ser un dos que ten unha maior afluencia no verán galego. Unha iniciativa, grazas á colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Turismo de Galicia, que ofrece actividades de concienciación e aprendizaxe, ademais de contar cunha parte privada para as persoas que precisen ter unha atención máis tranquila e confidencial. Ademais, este festival, grazas á colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, tamén disporá dunha plataforma para persoas con mobilidade reducida (PMR), co obxectivo de promover un ambiente seguro e accesible para todos os asistentes.

Programa

Entre tanto, Xosé Merelles destacou o Festival na Rúa, onde os visitantes e veciños de Ortigueira poden gozar de música en directo da man de agrupacións de distinta índole chegadas desde Galicia, pero tamén desde Barcelona, O Bierzo, Asturias, Bretaña e Escocia. Estes pasarrúas culminarán o domingo co Desfile dás Nacións Celtas, “unha cita ineludible para entender e apreciar os distintos matices da música celta celebrando as súas raíces e tradicións”, apuntou.

A isto hai que engadir os talleres que se impartirán no IES Ortigueira; o Laboratorio de Creación de Cantigas Novas; o Festival no Teatro, con concertos de pequeno formato; a charla ‘As Orixes da Cultura Celta en Galicia’, que será impartida polo lingüista, historiador e investigador Ramón Sainero, e a exposición das mellores propostas do Concurso de Carteis do Festival de Ortigueira 2024. Tamén, a Feira de Artesanía será outro dos focos deste Festival Internacional.

Nesta edición, a organización da cita, que leva traballando meses no seu deseño e montaxe, quixo contar con grupos de referencia do panorama celta, prestando unha especial atención aos galegos e ás novas correntes do folk mundial.

Así, este xoves o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira contará coa participación de Bagad Brieg, Picarós, Alana, Buíoch, Scottish Fish e Cúig. Mañá venres, continuarase coa música de Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, Escola de Gaitas de Ortigueira, Kinnaris Quintet, Fillas de Cassandra, BackWest e Green Lads. O sábado, a música poraa Ailá, Capercaillie, Dervish, NoGood Boyo e Aroze, e o domingo, fin da cita, será a quenda da Asociación Cultural Donaire, Muro Kvartet, José Manuel Tejedor e Böj.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

A Xunta pon en valor o programa ‘Reencontros con Galicia’ para seguir reforzando os...

0
— Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Publicacións Relacionadas