- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto no que se repartiron 20 tarxetas prepago de 50 euros entre as persoas participantes
- Actuamente está en marcha unha nova edición do proxecto no concello de Barbadás, que remata o vindeiro 30 de outubro
Alén destacou o papel desta campaña como motor económico e social nas vilas rurais, especialmente en territorios cun menor asociacionismo, e sinalou que actuamente está en marcha a décima edición do proxecto no concello de Barbadás, que remata o vindeiro 30 de outubro.
Ademais, enmarcou o programa Merca no teu comerio no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 que busca fortalecer un sector comercial moderno, competitivo e preparado para responder ás novas tendencias de consumo, ao tempo que se recoñece o seu peso como xerador de emprego e riqueza e como elemento clave para a vertebración do territorio.