HomeOurenseBarbadásA Xunta entrega en Barbadás os premios da 10ª campaña da iniciativa...

A Xunta entrega en Barbadás os premios da 10ª campaña da iniciativa “Merca no teu comercio” en Ourense

- Anuncio -spot_img
  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto no que se repartiron 20 tarxetas prepago de 50 euros entre as persoas participantes
  • Ademais, animou á cidadanía a participar na nova edición aberta hoxe dos bonos Activa Comercio, dotada con 2,5 M€ e que ofrece bonos desconto por valor de 30 euros para canxear nos establecementos adheridos

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde no acto de entrega de premios da décima campaña quincenal do programa Merca no teu comercio na provincia de Ourense, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Comercio e que neste caso se desenvolveu en Barbadás. Concretamente, no acto de hoxe — no que tamén estiveron presentes a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, e o alcalde do municipio, Xosé Carlos Valcárcel— repartíronse 20 tarxetas prepago de 50 euros entre as persoas participantes, que poderán empregadas nos establecementos locais adheridos ata o vindeiro 31 de decembro.

Alén destacou o papel desta campaña como motor económico e social nas vilas rurais, especialmente en territorios cun menor asociacionismo. Ademais, enmarcou o programa Merca no teu comerio no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 que busca fortalecer un sector comercial moderno, competitivo e preparado para responder ás novas tendencias de consumo, e animou á cidadanía a participar na nova edición aberta hoxe dos bonos Activa Comercio, dotada con 2,5 M€ e que ofrece bonos desconto por valor de 30 euros para canxear nos establecementos adheridos.

Publicacións Relacionadas