Home A Coruña A Xunta entrega en Betanzos catro vivendas protexidas rehabilitadas a través do...

A Xunta entrega en Betanzos catro vivendas protexidas rehabilitadas a través do programa Rexurbe, as primeiras na provincia da Coruña

- Anuncio -

— Os inquilinos, escollidos entre os inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda, pagarán unha renda de entre 125 e 255 € ao mes por pisos de 1, 2 e 3 dormitorios

— Ángeles Vázquez salienta a aposta do IGVS por este programa, que puxo en marcha de forma piloto en Betanzos no ano 2017 e grazas ao cal xa adquiriu un total de 83 inmobles en centros históricos co fin de recuperalos e obter ao redor de 144 VPP

Xunta de Galicia entregou hoxe catro vivendas protexidas no centro histórico de Betanzos rehabilitadas ao abeiro do chamado programa Rexurbe, unha iniciativa do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para comprar inmobles deteriorados ou en estado de abandono co obxectivo de recuperalos e destinalos despois a alugueiro social.

Durante o acto de entrega de chaves celebrado esta mañá, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, felicitou aos adxudicatarios polos seus novos fogares, todos eles localizados na rúa Cerca, nunha “zona privilexiada” do concello e aos que acceden cunhas condicións vantaxosas tras resultar elixidos entre os os veciños inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda.

Cómpre subliñar que os novos inquilinos pagarán unha renda mensual de entre 125 euros e 255 euros, dependendo das características de cada inmoble. Así, dúas das vivendas teñen dous dormitorios, a máis grande conta con tres e a última, tan só dispón dun cuarto. Ademais, dúas das VPP entregadas están en edificios de tipo unifamiliar.

Tras salientar que son as primeiras vivendas do programa Rexurbe adxudicadas na provincia da Coruña, Ángeles Vázquez lembrou que o IGVS adquiriu ata o de agora neste municipio un total de 17 inmobles, dos cales 10 xa están rehabilitados e os 7 restantes, en obras ou pendentes do inicio dos traballos.

En total, o investimento previsto para a adquisición e rehabilitación de todos estes inmobles estímase en 5,4 millóns de euros, dos cales 1,5 millóns investíronse nos 4 edificios nos que se localizan as vivendas entregadas hoxe.

De feito, Betanzos foi o concello escollido pola Xunta en 2017 para poñer en marcha o Rexurbe, e ante os bos resultados desta experiencia piloto, decidiu estendelo aos centros históricos doutros municipios, publicando cada ano desde entón unha nova convocatoria do programa.

Ao abeiro desta iniciativa, segundo explicou a conselleira, o IGVS mercou xa un total de 83 inmobles —entre edificios e solares— nunha decena de municipios galegos e cun investimento estimado en 35,4 millóns de euros, tanto para as operacións de compra, como para a súa rehabilitación posterior.

Grazas ás intervencións previstas nestes lugares, obteranse ao redor de 144 vivendas de promoción pública que o IGVS destinará en todos os casos a alugueiros sociais. Tamén se aproveitarán os baixos cando sexa posible para habilitar locais comerciais, que se ofertarán despois para implantar iniciativas empresariais que contribúan a dinamizar estas zonas, un dos obxectivos principais cos que se impulsou o programa Rexurbe.

A cifra, en todo caso, seguirá crecendo. Neste sentido, Ángeles Vázquez explicou que a mediados do pasado mes de xullo se pechou o prazo para que os propietarios de inmobles nos centros históricos da Coruña, Ferrol, Ourense, Ribadeo e Tui amosaran o seu interese por poñelos á disposición da Xunta e lembrou que a convocatoria deste ano dispón dun orzamento reservado para novas adquisicións de dous millóns de euros.

Máis de medio millar de VPP en marcha
As actuacións de rehabilitación residencial en marcha en Galicia ao abeiro do programa Rexurbe enmárcanse na aposta da Xunta pola vivenda pública, tamén a través de promocións directas.

Neste sentido, entre os anos 2010 e 2021, o IGVS adxudicou máis de 3.500 vivendas deste tipo en toda Galicia e, a maiores, a conselleira salientou que o organismo autonómico traballa nestes momentos na promoción dun total de 539 VPP de nova construción nas cidades galegas —en obras o en distintas fases de licitación—, que son, precisamente, os municipios que concentran a maior demanda residencial.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas