HomeXunta de GaliciaA Xunta enxalza o labor da Fundación Secretariado Xitano en Pontevedra en...

A Xunta enxalza o labor da Fundación Secretariado Xitano en Pontevedra en favor da consecución da igualdade de oportunidades deste colectivo

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu á presentación da nova sede da entidade na cidade, onde puido coñecer ao equipo de traballo e os proxectos

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá na presentación da nova sede da Fundación Secretariado Xitano (FSG) en Pontevedra, onde puido coñecer ao equipo de traballo que a entidade ten na cidade e as iniciativas que desenvolven.

No acto, no que estivo acompañado pola directora autonómica da FSG, Eva Vera, o director xeral puxo en valor o labor da Fundación Secretariado Xitano en prol da consecución da igualdade de oportunidades deste colectivo. Ademais, lembrou a colaboración da Xunta con esta entidade, que en 2024 ascendeu a máis de 380.000 euros entre convenios e axudas con cargo ao 0,7% do IRPF. Neste importe inclúese unha axuda de mais de 17.000 euros para adquirir equipamento informático e mobiliario para diversas sedes da entidade, como a que hoxe se inaugurou.

Arturo Parrado destacou o traballo que realizan estas entidades para avanzar en eidos como a formación laboral, que son claves para a plena inclusión deste colectivo. Lembrou, ademais, que Galicia foi a primeira comunidade en contar cunha estratexia de poboación xitana, no ano 2014. Este documento foi renovado o pasado mes de marzo, con vixencia para o período 2025-2030, e pon o foco na loita contra a discriminación estrutural e o antixitanismo.

Publicacións Relacionadas