HomePontevedraA Xunta esixe ao Goberno Central certezas e garantías xurídicas para asegurar...

A Xunta esixe ao Goberno Central certezas e garantías xurídicas para asegurar o mantemento do emprego de Ence en Pontevedra

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente primeiro lamentou no Parlamento de Galicia que o Executivo central non teña nin unha solución á crise nin unha folla de ruta que garanta o futuro da actividade

Segundo Alfonso Rueda, foi a presión exercida pola Xunta a que permitiu modificar o artigo da Lei de Cambio Climático que poñía en perigo a actividade no litoral

A Xunta esixe ao Goberno central certezas e garantías que aseguren o mantemento do emprego de Ence en Pontevedra, xa que, a entender da Administración galega, o Executivo non ten nin unha solución á crise nin unha folla de ruta que garanta o futuro da actividade.

En resposta a unha pregunta no Parlamento de Galicia, o vicepresidente primeiro da Xunta acusou ao Goberno central de poñer en perigo máis de 5.100 postos de traballo e de “mirar para outro lado” perante o risco real que pesou sobre o futuro da industria galega coa tramitación da Lei de Cambio Climático e co recurso que pende sobre a prórroga da actividade.

A entender de Alfonso Rueda, foi a presión exercida desde a Xunta a que conseguiu que na tramitación da Lei de Cambio Climático no Senado se aceptase unha emenda que modificaba o artigo que, a entender da Asesoría Xurídica da Xunta, era inconstitucional, ademais de poñer en perigo a actividade marítima e industrial no litoral galego. O vicepresidente cre que o Goberno aceptou esa modificación “porque non lles quedou máis remedio”, sen ter en conta os prexuízos que ocasionaba á economía galega.

Ademais, Rueda entende que o Executivo central renunciou á defensa da concesión que se lle outorgara anos atrás a Ence ao manterse á marxe no procedemento que se está a seguir na Audiencia Nacional sobre a prórroga da autorización. O vicepresidente primeiro baseouse na reunión mantida o mes pasado cos responsables do Ministerio para a Transición Ecolóxica, na que “o Goberno non tiña nin unha solución á crise nin unha folla de ruta que garanta o futuro de actividade”, ao non ter previsto actuacións no caso de que a sentenza anule a prórroga, “poñendo en risco unha actividade esencial para o mantemento do emprego en Pontevedra e para o futuro da economía de toda Galicia”.

Por iso a Xunta esixe ao Goberno central certezas e garantías xurídicas para que se manteña a actividade e os empregos en Pontevedra. Certezas para que as máis de 5.000 familias afectadas poidan despexar dúbidas sobre o seu futuro laboral e garantías xurídicas que aseguren á firma a súa continuidade en Pontevedra. Alfonso Rueda demandou ao Goberno central que asuma as súas responsabilidades e arranxe un problema que eles mesmos contribuíron a crear.

Publicacións Relacionadas