Home Verín Laza A Xunta executa traballos de reforzo da seguridade viaria na estrada OU-112...

A Xunta executa traballos de reforzo da seguridade viaria na estrada OU-112 ao seu paso por Laza, no treito coindicente coa Vía da Prata

- Anuncio -

― A Consellería de Infraestruturas está a executar unha senda e a reforzar a sinalización horizontal e vertical ao longo de algo máis de medio quilómetro, entre os puntos quilométricos 0+510 e 1+040


― Os traballos súmanse aos realizados desde o pasado mes xullo en distintos tramos da contorna do Camiño de Santiago co fin de favorecer o tránsito seguro dos peregrinos


― Na Vía da Prata planificáronse 14 actuacións ao seu paso polos municipios de Laza, Sarreaus, Ourense, A Mezquita Piñor e Lalín, cun investimento próximo aos 225.000 €


― Estas actuacións inclúense nas 70 intervencións que a Xunta desenvolve nas vías autonómicas para reforzar a seguridade nas confluencias cos Camiños, cun investimento de 1,4 M€

A Xunta está a realizar traballos de reforzo da seguridade viaria na estrada OU-112 ao seu paso polo concello de Laza, no treito coincidente co Camiño da Vía da Prata, co fin de favorecer o tránsito seguro dos peregrinos.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avanza nas obras iniciadas na segunda quincena de marzo para a execución dunha senda e o reforzo da sinalización horizontal e vertical ao longo de algo máis de medio quilómetro desta vía autonómica, entre os puntos quilométricos 0+510 e 1+040.
O obxectivo é reforzar a seguridade neste tramo da OU-112 que discorre paralelo ao Camiño de Santiago e que carece de beirarrúa. Tamén se mellorará o firme neste treito e disporase nova sinalización, incluíndo dispositivos reflectantes para a mellor visibilidade dos peóns e minorar a velocidade dos vehículos.

Esta obra é unha das actuacións que a Xunta desenvolve nos treitos das vías autonómicas coincidente coa traza da Vía da Prata para reforzar a seguridade viaria e favorecer o tránsito dos peregrinos. As actuacións neste Camiño acadan un investimento autonómico próximo aos 225.000 €.
Máis concretamente, na Vía da Prata proxectáronse 14 actuacións, 13 delas na provincia de Ourense ao seu paso polos municipios de Laza, Sarreaus, Ourense, A Mezquita e Piñor, co fin de mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade nos cruzamentos ou treitos do Camiño coas estradas autonómicas.

En concreto, ademais desta obra na estrada OU-112, leváronse a cabo nove actuacións en distintos puntos da OU-113, ao seu paso por Sarreaus e por Laza. Tamén se executaron actuacións na estrada OU- 105, en Ourense; na OU-311, na Mezquita, e na estrada OU-154 en Piñor. Ademais inclúese unha actuación na PO-902, no concello pontevedrés de Lalín.

Estas intervencións están incluídas nas 70 actuacións que a Xunta executa nas vías autonómicas de toda Galicia para reforzar a seguridade nas confluencias cos Camiños de Santiago, cun investimento conxunto de 1,4 millóns de euros.
O Goberno galego, mediante estas actuacións, traballa para favorecer a mobilidade, a comodidade e a experiencia dos peregrinos para atender a maior afluencia que se espera neste ano 2022, cando o Xacobeo se prevé máis intenso.

Relacionadas

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do Instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras...

0
— Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€ —...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións...

0
— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin...

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

A Xunta participa na celebración do Día da Amizada organizada pola Asociación Provincial de...

0
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, asistiu hoxe ao Día da Amizade que cada ano celebra a Asociación Provincial...

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

Publicacións Relacionadas