Home Terra de Lemos Bóveda A Xunta fai entrega ao concello de Bóveda dun vehículo con distintivo...

A Xunta fai entrega ao concello de Bóveda dun vehículo con distintivo ambiental eco

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, indicou que o vehículo está financiado a través da convocatoria de 2021 do Fondo de Compensación Ambiental cun importe de preto de 28.000 euros


― A Xunta investiu este ano 11M€ neste fondo que se destinarán a apoiar 256 iniciativas dos concellos galegos relacionadas co funcionamento de servizos municipais destinados á protección do medio ambiente e do espazo natural

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá o concello de Bóveda, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, co que o Goberno galego colaborou no financeamento dun vehículo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental cunha axuda de 28.000 euros.
Natalia Prieto fixo entrega do vehículo que segundo indicou está destinado a realizar os traslados de cargas e materiais das distintas actividades municipais, reducir emisións de gases de efecto invernadoiro, incremento da eficiencia enerxética., cooperar a non contaminación do medio ambiente e acadar un aforro enerxético e económico no seu mantemento. O novo vehículo conta con 2 prazas, motor eléctrico 100 kW/ batería 75 kWh, potencia máxima 136 cv ,automático e gancho.
O Goberno galego financia a través da convocatoria de 2021 do Fondo de Compensación Ambiental, que conta cun orzamento de 11 millóns de euros., un total de 256 actuacións relacionadas, por exemplo, coa adquisición de vehículos con distintivo ambiental cero emisións ou eco coma neste caso, a contratación de persoal e equipamento para a protección do medio ambiente, así como melloras no saneamento, o abastecemento de auga ou a recollida de lixo e melloras da eficiencia enerxética no alumeado público ou en instalacións municipais.
Este fondo destínase, de feito, ao funcionamento de servizos municipais destinados á protección do medio ambiente e do espazo natural. Trátase de actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e á utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e á recuperación do medio natural degradado, así como ao impulso da eficiencia enerxética e á utilización sustentable das enerxías renovables. A Administración autonómica puxo en marcha en 2010 este fondo para distribuír os ingresos do canon eólico, o que permitiu ata agora cofinanciar máis de 2.300 proxectos por un importe de case 108 millóns.

Relacionadas

A Xunta procede a abrir a lagoa da Frouxeira en Valdoviño para evitar inundacións

0
Este procedemento realízase a través dunha canle temporal artificial, que reproduce a canle natural de desaugadoiro A Xunta procederá a abrir esta mesma tarde a...

A Xunta apoia o impulso do turismo activo para consolidar Galicia como destino de...

0
― O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio coa Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, Aventura e Natureza (AGETAN)...

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

0
― Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 8 metros e vento de compoñente oeste a noroeste no noroeste de A Coruña...

A Xunta efectuou a restauración ambiental de 1.166 puntos de vertido incontrolado nos últimos...

0
— A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda actuou en máis de 150 concellos, grazas ao cal se rexeneraron 79 hectáreas — Ao longo...

A Xunta actiba para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de...

0
― Agárdase vento do oeste forza 8 no litoral da Coruña e mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros na...

Un total de dez centros de ensino participan nunha nova edición de “Escola Verde”...

0
— Cada colexio escolle unha temática relacionada co medio ambiente sobre a que traballar, con propostas tan innovadoras como a do IES Valga sobre...

Publicacións Relacionadas